Que asociacións recibirán axudas da Xunta ou da Deputación?

Que asociacións recibirán axudas da Xunta ou da Deputación?

O pasado luns o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, reuniuse cos representantes de diferentes asosciacións de veciños e de mulleres rurais para abordar o proceso de execución e xustificación das obras nos seus locais sociais. A Deputación de Pontevedra, ao abeiro do Plan de Acción Comunitaria, resolveu favorablemente as 48 solicitudes presentadas, destinando un montante de 480.000 euros en total para elas. Na mesma liña, a Xunta aprobou outras 19 solicitudes, achegándose o investimento total aos 700.000 euros entre as dúas administracións.

“Cos dous programas, practicamente todas as parroquias tiveron unha ou dúas subvencións destinadas neste 2025 ás melloras dos locais”, manifestou Gonzalo Louzao

No Plan de Acción Comunitaria obtiveron axuda a Asociación de Veciños e Cultural A Farrapiña de Pardemarín, Asociación de Veciños e Cultural Isaac Quenqueirades de Callobre, Asociación de Veciños de San Pedro de Ancorados, Asociación de Veciños A Mamua de Parada, Asociación de Veciños San Esteban de Oca, Asociación de Veciños de Tabeirós, Asociación de Veciños O Rueiro de Couso, Asociación de Mulleres de Castro, Asociación de Veciños de Cora, Asociación de Mulleres Rurais de Santo André de Vea, Asociación de Veciños Novo Centro de Berres, Asociación de Veciños Amigos do Castro de Barbude, Asociación de Veciños Santa Cristina de Vea, Asociación de Veciños de Paradela, Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei, Asociación de Veciños A Cruxeira de Remesar, Asociación de Veciños Nosa Señora das Dores de Toedo, Asociación de Mulleres Rurais A Gándara de Codeseda, Asociación de Mulleres Rurais de Vinseiro, Asociación de Veciños Santa Mariña de Barcala, Asociación de Veciños de Agar, Asociación de Veciños Fonte do Santo de San Xurxo de Vea, Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes, Asociación de Mulleres Rurais de Matalobos, Asociación de Veciños de Arca, Asociación de Mulleres Rurais As Bugineiras de Nigoi, Asociación Deportivo Cultural de Guimarei, Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara de Ancorados, Asociación de Mulleres Rurais Castro Valente de Barcala, Asociación de Veciños San Breixo de Lamas, Asociación de Veciños de Frades, Asociación de Veciños de Baloira, Asociación de Mulleres Rurais A Sobreira de Callobre, Asociación de Mulleres Rurais San Xiao de Vea e Baloira, Asociación Veciñal da Terra de Guimarei, Asociación Veciñal e Cultural A Somoza Nova, Asociación Veciñal de Liripio, Asociación da Veciñanza do Outeiro-Moreira, Asociación Veciñal Santa Mariña de Ribeira, Asociación de Veciños e Amigos de Ribela, Asociación de Mulleres Rurais Torre da Barreira de Riobó, Asociación de Veciños de San Lois de Orazo, Asociación de Veciños Manuel Castiñeira de Ouzande, Asociación de Veciños San Xoán da Cañoteira, Asociación de Mulleres Rurais de Santeles, Asociación de Veciños de San Xorxe de Cereixo, Asociación de Veciños Pouso-Carril e Asociación de Veciños Xuntos por Loimil. 

No tocante ás axudas da Xunta, figuran Asociación de Veciños Pouso-Carril, Asociación de veciños e veciñas de Orazo, Asociación de Mulleres Rurais A Torre da Barreira de Riobó, Asociación de Veciños Santa Mariña de Barcala, Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei, Mulleres Rurais Santa Clara de Ancorados, Asociación de Veciños Cora, Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes, Asociación da Veciñanza do Outeiro Moreira, Asociación de Veciños Santa Eulalia de Matalobos, Asociación de Veciños de Arca, Asociación de Veciños A Farrapiña, Asociación de Veciños de Frades, Asociación de Veciños San Campio de Rubín, Asociación de Mulleres Rurais San Miguel de Cora, Asociación de Veciños, San Xorxe de Cereixo, Asociación Cultural de Mulleres Rurais de San Xurxo de Vea e Aosicación de Mulleres Rurais de Paradela.

Imaxe de portada: reunión coas asociacións // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario