A Estrada prepárase para a chegada de Papá Noel

A Estrada prepárase para a chegada de Papá Noel

Este mércores 24 como xa é tradición Papá Noel percorrerá as rúas da Estrada nunha cabalgata que comezará ás 18.00 horas na Baiuca, fronte ao centro de saúde. Contará con varias sorpresas e rematará coa tradicional recepción para escoitar aos nenos e nenas do concello.

O percorrido é o habitual. Dende a Baiuca seguiráse pola Rúa Varela Buxán, Avenida Fernando Conde, rúas Ulla e Calvo Sotelo, A Farola e Serafín Pazo ata chegar ao Concello. A recepción farase no palco da música.

Durante a xornada terán cabida outros eventos. O Novo Mercado acollerá un Mercado de Nadal con produtos de proximidade e ás 12.00 horas a piscina climatizada será escenario da San Silvestre Acuática.

Imaxe de portada: cabalgata de Papá Noel // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario