Desde o novo apartado de servizos
Xornal da Estrada vén de poñer en marcha un apartado de servizos na súa web. Polo momento ofrécense ligazóns a cinco apartados, dous correspondentes á web do propio medio, outros dous á de Radio Estrada e un quinto á do Concello.
Comezando polos do Xornal da Estrada, a web de servizos permite acceder ás contas de Facebook e Instagram e ás canles de WhatsApp e Telegram do Xornal, onde se publica a diario a previsión meteorolóxica e á Axenda Cultural.
No tocante á web de Radio Estrada, ofrécense accesos directos ao popular espazo de compravenda O Mercadiño e ás necrolóxicas. Ademais, tamén se pode consultar a farmacia de garda, que é un espazo da web do Concello da Estrada.
Aínda que se mantén a porta aberta a espazos doutras páxinas web, a previsión é ampliar a oferta con contidos de produción propia.

Deixar un comentario