O Novo Municipal, Radio Estrada ou o curro de Sabucedo: os candidatos a escribir a carta aos estradenses

O Novo Municipal, Radio Estrada ou o curro de Sabucedo: os candidatos a escribir a carta aos estradenses

Xornal da Estrada desvelou este domingo os tres candidatos a resumir o 2025. Fíxoo na última edición do Xornal Semanal. Dende A Farola, quen se encargou de escribila no 2024, Rubén Rosende dou paso a un vídeo no que se desvelaron os candidatos.

O primeiro deles é o Novo Municipal, o campo no que xoga o Estradense e que foi escenario dos grandes momentos do equipo neste ano. A segunda candidata é Radio Estrada, emisora municipal que celebrou neste 2025 o seu trixésimo aniversario. Para rematar, o último candidato é o curro de Sabucedo, escenario cada ano da Rapa das Bestas.

O encargado de escribila descubriráse este martes 30 ás 19.00 horas, momento no que se publicará o vídeo co resumo do ano. Faráse mediante unha selección cos candidatos que, unha vez descuberto, dará paso á carta.

Neste 2025 auméntase a duración respecto a 2024, pasando de oito a doce minutos. Do mesmo xeito, citarase un maior número de eventos, mantendo o mesmo formato ca no vídeo anterior: unha primeira parte adicada a boas noticias, unha segunda ás malas e unha terceira con máis boas novas e que promete ser espectacular.

Por primeira vez, serán catro os eventos que terán un protagonismo especial, incluído o propio protagonista do vídeo, cando no resumo do 2024 só se lle outorgara protagonismo á Farola.

Comentarios

Deixar un comentario