Unha sorpresa para Sindo Pose

Unha sorpresa para Sindo Pose

Sindo Pose, xunto coa súa muller, fundou un dos locais máis emblemáticos da Estrada: o Argentinos Burguer. Ese establecemento que rexentou durante décadas convertiuse este luns no escenario dunha festa sorpresa para Sindo polo seu aniversario. Familiares, amigos e traballadores déronse cita para festexar que “oitenta anos non se fan sempre”.

Imaxe de portada: Sindo Pose con Marta Ventura e os seus fillos, Guillermina e Gonzalo, na festa sorpresa // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario