Mentras na Farola as máquinas xa se afanan no fresado do asfalto, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, anunciou que se vai empedrar na súa totalidade a Rúa Don Nicolás. Deste xeito, prolongaríase a zona con chan de pedra que ten na actualidade esa rúa, pois xa se empedrou o tramo comprendido entre os cruces con Calvo Sotelo e Marqués de la Vega de Armijo.
Así, a pedra chegará ata a Praza da Inmaculada, onde se atopa a igrexa, mantendo unha estética uniforme ata ese punto.
A diferenza residirá en que ese segundo tramo no que se vai traballar estará aberta á circulación unha vez rematen as obras, canalizando o tráfico procedente de Marqués de la Vega de Armijo, mentras que o o tramo que xa está empedrado quedará como unha zona peonil.
Obras na Farola

En canto ás obras que comezaron este martes na coñecida, de xeito oficial, como Praza de Galicia, comentou que este mércores está previsto que remate o fresado de todo o asfalto para comezar, despois, con soterramento dos servizos (pluviais, novas conexións eléctricas ou regos das zonas verdes). Máis tarde, aplicaráse a toda a superficie un formigón de limpeza.
Como xa se ten avanzado, a previsión é que se reabra a praza antes do Entroido, para celebrar con normalidade os desfiles do Entroido, que terán lugar o 16 e 17 de febreiro. Mentras, o tráfico procedente de Pérez Viondi desvíase por Irmáns Valladares, que cambiou o sentido de circulación de forma temporal, ata Peregrina.
Como se reorganizou o tráfico co peche da Farola?
O peche prolongaráse ata antes do Entroido
Imaxe de portada: primeiro tramo de Don Nicolás, xa empedrado // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario