A medida entra en vigor ás 00.00 horas deste venres
Por mor das previsións de neve para este venres, para as que a AEMET activou un aviso laranxa por acumulados de 5 centímetros en 24 horas en cotas superiores aos 600 metros, a DXT anunciou a prohibición de circulación de vehículos cuxa masa máxima autorizada ou masa máxima do conxunto sexa superior aos 7.500 quilos en varias estradas do país.
Suspendidas as clases por un aviso laranxa por neve
A partir dos 600 metros poderían acumularse cinco centímetros en 24 horas
Desde as 00.00 horas deste venres terán prohibido circular pola N-640 no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 134 (Monterroso) e 204 (A Estrada). O mesmo ocorrerá na AP-53 entre Vedra e Dozón e na N-525, entre os municipios de Vedra e Rionegro del Puente, incluíndose dentro destas restricións os treitos correspondentes ao termo municipal da Estrada.
Esta medida tamén se aplica á N-641 (entre Ourense e Cerdedo), A-6/AP-6/N-6 (no tramo Vilalba – Benavente), A-6/N-6 (Benavente – Lugo), A-52 (Rionegro del Puente – Ponteareas), AG-53 (Dozón – Ourense) e N-120 (Osorno – Ponteareas).
Imaxe de portada: camión pola N-640 na Estrada // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario