Segundo Blanco o atraso produciuse polo cese da anterior interventora, en cumprimento do prazo máximo establecido para interinos
O concelleiro de Economía e Facenda, Alberto Blanco, confirmou que o vindeiro venres ás 20.00 horas cando goberno e oposición debaterán nunha comisión informativa de Facenda e Especial de Contas sobre os orzamentos para este 2026.
Blanco confirmou que os concelleiros teñen á súa disposición dende venres as contas que o goberno municipal configurou. Ademais, tamén na noite deste mércores vai ser presentada ao pleno do Consello Económico e Social e á Mesa Local de Comercio. Do mesmo xeito, ás 12.00 horas do venres informarán deles á Mesa de Negociación.
“Con respecto ao proxecto, no que é a súa parte política, este grupo de goberno tiña no mes de setembro os números preparados, pero diversas circunstancias impediron que se puidese convocar a comisión ata este momento”, explicou Blanco sobre o atraso que levan na súa aprobación. “Estas circunstancias foron o cese, tras o cumprimento do prazo máximo establecido para interinos, da anterior interventora, o que nos obrigou a tomar medidas de urxencia. Tivemos que acudir a un interventor acumulado, ao que lle agradecemos todo o traballo que fixo, pero sen ter a posibilidade de sacar realmente adiante os informes deste orzamento”, continuou. “Temos agora unha interventora que fixo o paquete documentario que conleva un orzamento municipal e por fin podemos traer estes orzamentos á súa presentación”, engadiu.
O orzamento que se vai presentar é de 19.456.000 euros, un 10% máis ca o de 2025. “É un orzamento que, como non pode ser doutra forma, tenta cubrir todas as necesidades ordinarias e todos os servizos públicos básicos, incrementado partidas importantes, tanto nos servizos públicos de propia competencia como os que impropios”, afirmou.
En detalle
A Estrada aumentará en 1,7 millóns o seu orzamento
Superará os 19,4 millóns de euros | O SAF recibirá 1,7 millóns | Non se inclúen os fondos europeos, que se asumirán a través dun crédito
Imaxe de portada: Alberto Blanco e Gonzalo Louzao // Concello da Estrada

Deixar un comentario