Veciños de San Miguel de Castro alertaron a través das redes sociais da presenza dun vertido de lixo no lugar da Alberguería, moi próximo ao lugar de Moimenta, en Arnois. Este atópase ao lado duns contedores situados á beira da estrada CP-2017.
Comentan que dende hai varios anos este é un punto no que habitualmente se producen este tipo de acto incívico. Alí deposítanse colchóns, rodas, xoguetes e zapatos, entre outras cousas.
Imaxe de portada: vertido en San Miguel de Castro // cedida

Deixar un comentario