Imaxina e Axuda lanzou unha enquisa para coñecer as necesidades da xuventude estradense, ademais de como fomentar a súa participación en actividades destinadas a ela e os seus hábitos.
Esta enquisa forma parte do programa Actuación Xove, financiado pola Unión Europea e co que se busca coñecer as necesidades da xuventude para intervir de forma directa. Nela poden participar persoas de entre 12 e 30 anos.
Dentro dese programa tamén se atopan os artigos que publican cada quince días no Xornal da Estrada, poñendo de manifesto as necesidades da xuventude.
Imaxe de portada: Encontro de asociacións xuvenís co Concello // cedida / Arquivo

Deixar un comentario