A borrasca Leonardo, que está provocando graves anegamentos en Andalucía, deixará este xoves importantes acumulados de auga na zona. De feito, a AEMET activou avisos por chuvia, un deles laranxa. A eles súmanse outros por vento e treboadas.
Durante toda a xornada do xoves estará activo un aviso laranxa por chuvia en 12 horas, con acumulados de 80mm, que durante as 24 horas do día poderían ascender aos 100mm e, incluso, superar os 120mm.
Entre as 6.00 e as 20.00 horas tamén permanecerá activo un aviso amarelo por acumulados de chuvia nunha hora (15mm). Do mesmo xeito, nese mesmo intervalo temporal activarase outro aviso por treboadas que poderían ir acompañadas, segundo a axencia meteorolóxica, de saraiba e algún tornado moi local.
Asemade, entre as 00.00 e as 20.00 horas tamén se activará outro aviso amarelo por refachos de vento de 70km/h.
Imaxe de portada: temporal na Estrada // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario