O voceiro do BNG, Xoán Reices, participou na entrega do A Estrada a Debate adicada á vivenda. Nela tivo que responder ás preguntas de como facilitar o acceso á vivenda e reducir o número de vivendas baleiras.
“Para empezar hai que ter un cambio dos esquemas mentais”, comezou o nacionalista. “Hai que ser conscientes de que a xente á que hai que axudar é á que non consigue ter vivenda”, continuou. Apostou por aumentar os impostos ás vivendas baleiras “sen ningún motivo”, algo que non se aplicaría “á segunda vivenda, pero si a partir de ahí”.
Engadiu que “hai que crear moita máis vivenda pública”, tanta que se cree un “conxunto de vivenda pública que obrigue á xente a baixar os prezos”. Asegurou que “hai moitos exemplos en moitos países pero, básicamente, hai que querer”.
“A Xunta e o Concello non están para garantir e rentabilizar as inversións privadas, senón para asegurar dereitos, neste caso un dos primeiros recollidos na Constitución”, sobre o que incide que “non se pode permitir que a xente especule” con el.
“Nós pensamos que é máis razoable fiscalizar á xente que mantén vivendas baleiras”
Xoán Reices, voceiro do BNG
Imaxe de portada: Xoán Reices // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario