As bolsas de plástico que estaban fóra do contedor teríanse vertido no contedor verde

As bolsas de plástico que estaban fóra do contedor teríanse vertido no contedor verde

O presidente da Asociación de Veciños da Avenida de Santiago, Ángel Bergueiro, asegurou este martes que as bolsas de plástico que se atopaban na rúa vertéronse no contedor verde. Estas declaracións chegan despois de que Durán comentara que esa acumulación de lixo debeuse a unha avaría.

Por iso, Bergueiro quixo contestar a unhas declaracións que “me parecen pouco afortunadas e cheas de datos que non concordan coa realidade”. Comezou lembrando que “o problema co camión é a segunda vez que sae á palestra como motivo do mal servizo”.

En referencia ás palabras de Durán nas que o concelleiro aseguraba que “parecen máis queixas persoais que veciñais”, matizou que “as queixas non son dunha persoa en concreto e a imaxe non é só a da avenida, é a de toda a vila”.

Do mesmo xeito, Durán declaraba que existían tres illas de contedores, algo no que discrepa Bergueiro. O presidente da asociación veciñal comentou que entre as rotondas do Invictus e de Figueiroa “só temos dous contedores amarelos, que esta fin de semana atopábanse cheos e con lixo no seu exterior”.

Contedor amarelo cheo na Avenida de Santiago // cedida

Asemade, dá por certo que o domigo se retiraron as bolsas destinadas ao contedor do plástico que se atopaban na rúa por non coller no interior do colector, mais matiza que “ditas bolsas foron depositadas no contedor verde”.

“Nós estamos sempre dispostos a colaborar co Concello, a reunirnos como fixemos hai uns meses”, continuou. “Pero que nos tomen o pelo, non”, concluíu.

Imaxe de portada: lixo no interior dun contedor verde. No seu interior vese que unha das bolsas ten residuos destinados ao contedor amarelo // cedida

Comentarios

Deixar un comentario