Localizan o corpo do desaparecido en Pontevea

Localizan o corpo do desaparecido en Pontevea

Pasadas as 15.00 horas deste sábado un amigo do desaparecido o pasado mércores en Pontevea localizou un bulto no Ulla a 200 metros da ponte de Pontevea. Tras informar á Garda Civil, confirmouse que era o corpo do home que se estaba buscando. Ás 17.00 horas procedeuse ao levantamento do cadáver.

As alarmas saltaran cando aparecera o seu coche coas portas abertas, as chaves postas e algunha das súas pertenenzas no seu interior no aparcadoiro da Praíña de Couso. Ao comprobar que non se atopaba no seu posto de traballo, a filla alertou aos servizos de emerxencia, que activaron un amplo dispositivo para atopalo.

Nos labores de busca participaron efectivos de Emerxencias da Estrada e de Teo, Garda Civil, Policía Local, mergulladores da Policía Autonómica e da Garda Civil e drons da Axega.

Imaxe de portada: Río Ulla dende Pontevea // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario