Organizan unha xuntanza veciñal en Codeseda

A Asociación Veciñal As 23 Aldeas de Codeseda organiza para o vindeiro sábado 21 de marzo ás 14.30 horas a súa primeira xuntanza, que consistirá nun xantar. Será nas Escolas Vellas da parroquia.

O menú constará de empanada, churrasco, bebida e sobremesa. O prezo do menú será de 10 euros para os socios, de 15 para os non socios e de balde para os menores de 10 anos. As reservas pódense facer ata o 17 de marzo no bar Caminho da Geira ou vía telefónica a través dos números que teñen no cartel.

Comentarios

Deixar un comentario