Fútbol pola igualdade de xénero

Fútbol pola igualdade de xénero

O Novo Municipal da Estrada acolleu este venres un partido polo 8M organizado pola Federación Galega de Fútbol. Caras da política, de asociacións ou da comunicación citáronse para a celebración deste partido que serviu para reivindicar a igualdade de xénero.

A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, comentou que “o 8 de marzo é domingo pero todo o ano é o Día da Muller”. Lembrou que ata non hai moito o fútbol era un deporte exclusivamente masculino “e cando había algunha muller era obxecto do chiste fácil”.

Amalia Goldar // Concello da Estrada

Entre as xogadoras atopábase a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, agardou que este evento sirva para “favorecer a igualdade entre homes e mulleres”.

Tamén estivo presente a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, quen destacou que iniciativas coma esta serven para reivindicar o papel da muller no deporte e promover a igualdade de oportunidades. Ademais, fixo mención a futbolistas galegas como Verónica Boquete, Nuria Rábano ou Tere Abelleira e lembrou que a igualdade non é un favor, senón un dereito polo que é necesario taballar cada día.

“Cando as mulleres avanzan, avanza toda a sociedade”

María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Recoñecemento a Mayra Camila Araujo // Concello da Estrada

Antes do pitido inicial recoñeceuse á adestradora do A. J. Lérez, Lucía Abreu, a presidenta do CD Sar Extramundi, Adriana Vázquez, a futbolista do Victoria FC Alba Torres e a árbitra Mayra Camila Araujo.

Imaxe de portada: participantes no partido // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario