A Festa do Maior esgota todas as prazas e bate o récord de afluencia

A Festa do Maior esgota todas as prazas e bate o récord de afluencia

Este luns o Concello da Estrada pechou a inscrición para asistir a unha Festa do Maior que será de récord, pois esgotouse o milleiro de prazas dispoñibles, acadando unhas cifras de asistencia ás que nunca antes chegara. Este evento está dirixido a maiores de 65 anos.

Despois de que na edición de 2025 medio cento de comensais quedaran sen segundo prato, para a deste ano incluíuse nos pregos as cantidades mínimas por comensal. Ademais, será a estradense Valenciaga Catering a que se encargue de servir o xantar.

Programa

O evento comezará ás 12.30 horas deste domingo, cando os comensais serán recibidos no Pavillón Manuel Coto Ferreiro cunha actuación musical a cargo de Tequexetéldere. O xantar comezará ás 14.00 horas e o menú estará composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro, pan, bebida e sobremesa. Asemade, actuará a orquestra Los Satélites. A este baile final poderanse sumar todas as persoas que así o desexen.

Menú da Festa do Maior 2026 // Xornal Semanal / Xornal da Estrada

Imaxe de portada: Festa do Maior 2025 // Concello da Estrada / Arquivo

Comentarios

Deixar un comentario