GALERÍA | As tapas das Santas Tapas 2026

GALERÍA | As tapas das Santas Tapas 2026

Este venres vaise poñer á venda o Bono Combo das Santas Tapas 2026. Estes permitirán consumir a tapa de cada establecemento combinada con auga ou un curto de cervexa por 3,5 euros, cando unha consumición sen este bono custará os tres euros da tapa máis o prezo da bebida. Este bono está financiado polo Concello.

Os bonos para estes combos poderán ser adquiridos nos 22 locais que participan este ano nas xornadas. Son A Lacena de Chucha, O Mesón da Estrada, Restaurante La Estación, Oasis, A Riala Taberna, Cepa e Viño Gastrobar, Velis Nolis Bistro, Hamburguesería Florida, Cervexería Eureka, Andalucía, Inferno; Malo Será, A Bodeguiña, O Xulia, Tapería O’Lar, 20 Berzas, As 3 Portiñas, Restaurante Samaná, Enredo, Candil de Silvia, Salvaxe Lounge Bar e Scala.

As Santas Tapas celebraránse entre o mércores 1 e o domingo 5 e poderanse degustar entre as 12.00 e as 15.00 horas e de 20.00 a 22.00 horas, ampliable segundo criterio do establecemento.

Comentarios

Deixar un comentario