Unha Festa do Maior que “superou as expectativas”

Unha Festa do Maior que “superou as expectativas”

Este domingo o Pavillón Manuel Coto Ferreiro acolleu unha nova edición da Festa do Maior. Aprendidas as leccións da última edición, que deixou un mal precedente, esta homenaxe superou todos os seus rexistros de afluencia ao venderse a totalidade das 1.000 entradas.

“Superou todas as expectativas”, recoñecían os que ían por primeira vez, mentres que os que xa asistiran dicían que, se hai un ano lles serviran “a metade de comida” da que puideron comer nesta edición, tería sido mellor. Outra das conclusións que deixou esta Festa do Maior é que “só se ven cabezas”.

No centro, Francisca Torres e Manuel Tallón // Xornal da Estrada

Ademais de servir de punto de encontro, permitiu homenaxear ás dúas persoas de máis idade alí presentes: Francisca Torres Vázquez, da Estrada e de 96 anos, e Manuel Tallón Ríos, de Toedo e con 94, recibiron pasadas as 17.00 horas o agarimo de todos os asistentes.

Imaxe de portada: asistentes á Festa do Maior // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario