16 persoas de diferentes idades participan dende o pasado venres ata o vindeiro venres nas xornadas sobre deporte inclusivo Equal Play, enmarcadas dentro do programa Erasmus+, que financia a Unión Europea. Organizado por Imaxina e Axudas, dentro da programación incluíuse un pequeno recibimento institucional no Salón de Plenos do Concello.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e os concelleiros de Turismo e Cultura, Óscar Rancaño e Lucía Seoane, recibiron ás persoas que durante esta semana están aprendendo sobre como incluír a persoas con capacidades diversas á vez que coñecen a zona.
Procedentes de Serbia, Grecia, Portugal, Ucraína, Andalucía e Madrid, estiveron realizando actividades pola vila. Entre elas atopouse unha xincana coa que puideron coñecer algúns dos sitios e tradicións do concello, como pode ser a tradición salmoneira.
Imaxe de portada: recepción no Concello // Concello da Estrada

Deixar un comentario