Pouco antes do mediodía deste venres a Farola reabría ao tráfico rodado xa como zona peonil. Deste xeito xa se pode cruzar a praza para ir dende a Rúa 56 ata Pérez Viondi e dende Pérez Viondi ata San Paio.
Ao ser unha zona peonil, os peóns poden cruzar por calquera punto, sen necesidade de existencia de pasos de peóns. Por ese motivo, a velocidade queda limitada a 10km/h en toda a zona formigonada.
Para advertir desta realidade pintouse sinalización horizontal que así o indica, tal e como se fixo noutras zonas do casco urbano, como a Praza da Feira.
Imaxe de portada: nova sinalización horizontal // Concello da Estrada

Deixar un comentario