Etiqueta: Última hora

  • DIRECTO: INCENDIOS FORESTAIS| O lume atópase ás portas de Oviedo

    DIRECTO: INCENDIOS FORESTAIS| O lume atópase ás portas de Oviedo

    O norte de España está vivindo unha vaga de incendios. En Asturias hai un total de 121 incendios forestais repartidos en 35 concellos. Hai un total de 375 desaloxados e está ardendo o monte Naranco nas proximidades de Oviedo.

    Directo

    22.31

    O INCENDIO DO MONTE NARANCO, CONTROLADO| A área de Seguridade Cidadá do Concello de Oviedo confirmou que o incendio declarado de madrugada no monte Naranco xa está controlado. Quedan os bombeiros de Oviedo do turno de día vixiando.


    20.32

    96 FOCOS ACTIVOS EN ASTURIAS| O Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias(SEPA) contabiliza 96 incendios forestais en Asturias. Valdés continúa sendo o concello no que se concentran as labores de extinción.


    20.31

    REDÚCENSE OS FOCOS DO NARANCO| Dos doce focos que se declaraban onte a noite só quedan activos dous.


    19.09

    GALICIA COLABORA CON ASTURIAS| Un operativo composto por distintos medios anti incendios partiu este venres de Galicia con destino Asturias para colaborar nos traballos de extinción dos incendios. O operativo está composto por tres brigadas, un axente, un técnico e dúas motobombas, todos eles pertencentes ao Servizo de prevención e extinción, informou Medio Rural


    19.07

    TRES ESTRADAS AUTONÓMICAS PECHADAS EN ASTURIAS| Continúan pechadas tres estradas autonómicas por culpa dos incendios.


    18.33

    “EVITA SAÍR DA CASA”| A Directora de Saúde Pública do Principado de Asturias, Lidia Clara Rodríguez, aconsellou hoxe aos veciños que saian das súas vivendas o mínimo posible e que se usen máscaras FFP2 en caso de ter que facelo. Esta recomendación prodúcese pola alta contaminación que hai na comunidade.


    17.43

    TRANSPORTE SUSPENDIDO| O Principado de Asturias suspende os plans de transporte especial aos Lagos de Covadonga.


    17.15

    AS CHUVIAS CHEGARÁN MAÑÁ| Ao longo desta noite entrarán precipitacións que axudarán na extinción dos incendios.


    17.04

    NIVEIS DE RISCO| Estes son os niveis de risco de incendios nestes momentos en Asturias.

    Niveis de risco de incendio. AEMET

    17.03

    Reaberto o tráfico ferroviario en Cadavedo.


    16.57

    O 112 de Asturias recomenda á poboación da zona afectada que, se o lume é pequeno, o ataque.


    16.51

    EXTINGUIDO O INCENDIO DE BALEIRA (LUGO)| Queimou 1400 hectáreas, 1100 de monte raso.


    16.38

    ARDE NAS PROXIMIDADES DE OVIEDO| A primeira hora da mañá, os veciños de Oviedo atopáronse con todo o monte Naranco ardendo. Este incendio provocou que os veciños da zona de Lillo quedaran sen suministro de auga.

    Arde o monte Naranco. EFE

    16.34

    Boas tardes, comezamos un seguimento especial sobre a situación dos incendios forestais no norte de España.

  • ÚLTIMA HORA| Posible ataque xihadista en Alxeciras

    ÚLTIMA HORA| Posible ataque xihadista en Alxeciras

    Un home matou cunha machada a un sacristán dunha igrexa de Alxeciras (Cádiz) e deixou feridas a outras 4 persoas.

    O autor, Yasin Kanza, ten 40 anos e irrumpiu na igrexa da Palma tirando coa machada imaxes, cruces e velas. O sacristán falecido insistiulle en que saíra e, o atacante, ameazou a dúas mulleres. Un dos feridos está grave e sería o cura da Igrexa de San Isidro de Alxeciras.

    Kanza atópase detido e sospéitase que sexa un lobo solitario. Actualmente está detido por un posible caso de terrorismo. Segundo os testigos, berrou o nome de “Alá” durante o ataque.

  • DIRECTO| Bolsonaristas toman as sedes dos tres poderes do Brasil: Lula decreta a intervención federal en Brasília

    DIRECTO| Bolsonaristas toman as sedes dos tres poderes do Brasil: Lula decreta a intervención federal en Brasília

    Bolsonaristas tomaron as tres sedes dos poderes do Brasil pedindo ao exército un golpe de estado.

    Directo

    23.03 ASÍ FOI O INICIO DO ASALTO|


    22.52 OS ASALTANTES CONTINÚAN NO CONGRESO| Cortóuselles a auga e a luz para evitar cortocircuítos que provoquen novos incendios


    22.42 A POLICIA ARRESTA AOS ASALTANTES QUE AÍNDA ESTÁN NO PLANALTO| Os desperfectos que causaron no interior son evidentes.


    22.22 ENFRONTAMENTOS ENTRE POLICÍA E MANIFESTANTES NO PAZO DO PLANALTO| A policía está conseguindo que os manifestantes retrocedan.

    CNN

    22.21 RECUPERADO O PAZO DO PLANALTO| A policía conseguiu que os manifestantes saíran dos arredores da sede do poder executivo.


    22.11 INTERVENCIÓN FEDERAL| A medida dura ata o 31 de xaneiro polo risco de que se volvan a producir situacións similares.


    22.04 DECLARACIÓNS DE LULA DA SILVA| Lembra que perdeu varios comicios e non asaltou ningunha sede e culpa directamente a Bolsonaro do asalto.


    22.00 ÚLTIMA HORA| LULA DECRETA A INTERVENCIÓN FEDERAL NO DISTRITO FEDRAL| Ricardo Garcia Cappelli será quen teña o poder.


    21.47 BOLSONARO AÍNDA NON SE PRONUNCIOU| O expresidente do Brasil, que se atopa desde o 30 de decembro nos Estados Unidos, aínda non se pronunciou sobre o asalto.


    21.42 LULA DA SILVA DARÁ DECLARACIÓNS EN BREVES|


    21.41 PEDRO SÁNCHEZ MOSTRA O SEU APOIO A LULA DA SILVA|


    21.32 SAQUEO ÁS SEDES| O Congreso Nacional atópase anegado porque foi necesario extinguir incendios provocados polos asaltantes.

    Ademais, roubaron obras de arte que se atopaban nas diferentes sedes


    21.28 Lula atópase en Araraquara discutindo cos ministros sobre a invasión


    21.25 UN ASALTO SIMILAR AO DO CAPITOLIO ESTADOUNIDENSE| O asalto prodúcese despois de que Bolsonaro non aceptara os resultados das eleccións do pasado 30 de outubro na que Lula da Silva conseguira a victoria.

    Algo similar pasara en Estados Unidos hai 2 anos cando simpatizantes de Donald Trump asaltaban o Capitolio ao non aceptar os resultados electorais.


    21.21 O asalto comezou a primeira hora da tarde no Congreso e continuou no resto das sedes.


    20.54 Os manifestantes entraron no Congreso Nacional (sede do poder lexislativo), no Pazo do Planalto (sede do poder executivo) e na sede do Tribunal Supremo Federal.

    Actualmente estánse producindo enfrontamentos coa policía

  • ÚLTIMA HORA: Un tiroteo en París deixa cando menos 2 mortos e 4 feridos

    ÚLTIMA HORA: Un tiroteo en París deixa cando menos 2 mortos e 4 feridos

    Esta mañá produciuse un tiroteo no distrito X de París. Nel, unnhome de 69 anos matou 2 persoas e deixou feridas a 4, 2 delas moi graves. Segundo fontes oficiais, o tiroteador xa foi detido.

    Actualmente descoñécense as motivacións do tiroteo que se produciu nas proximidades dun centro kurdo, pero a Fiscalía de París abriu unha investigación por “asasinato, homicidio voluntario e violencia agravada”, deixando así, de lado, a motivación terrorista.

    Emmanuel Grégoire, tenente de alcalde de París, publicou unha mensaxe nas redes para transmitir “un pensamento polas vítimas” e polos que presenciaron “o drama”.

    Polo momento, non se difundiu nin a idade nin a nacionalidade das vítimas.

  • Medran as sospeitas de movilización xeral dos rusos na guerra de Ucraína

    Medran as sospeitas de movilización xeral dos rusos na guerra de Ucraína

    Putin retasou in extremis en 24 horas a comparecencia que tiña prevista para esta noite. Nela, crese que se decidirá o futuro da guerra en Ucraína no que se sospeita que será o final da guerra ou a mobvilización xeral dos rusos.

    Nas última horas, o presidente turco Erdogan dixo que o seu homólogo ruso estaría “pensando en poñerlle fin á guerra” e que calquera tipo de acordo de paz “pasaría pola devolución dos territorios invadidos”.

    Ademais, nas últimas horas as rexións separatistas ucraínas están propoñendo a realización de referendos exprés de anexión a Rusia.