Olaa!!!

Como nesta Semana Santa estamos de vacacións (como algúns de vós) non publicamos contidos novos e, por iso, pensamos que é un bo momento para repasar algúns dos xa publicados e que, se cadra, no seu momento non puidestes ver ou ler.

Antes de nada, isto é un medio que vive da actualidade, por iso aquí repasamos as últimas noticias publicadas:

Agora imos cun pouco de axenda para estes días, que sempre hai algo que facer.

Programación da Semana Santa

Conta cunha procesión nova

Santas Tapas

Do 1 ao 5 de abril

Un dos contidos que queremos destacar é a nosa cobertura de algo novidoso: A Estrada foi, por primeira vez, sede dun Erasmus+.

Nos últimos meses publicamos dúas entrevistas que destacaron: unha a EleDeLewis, un músico estradense que actuará no San Paio, e outra ao concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, quen explicou os motivos dos cambios na recollida do lixo e como funciona o contedor marrón.

EleDeLewis

E o seu salto ao solitario

Óscar Durán

E os por que dos cambios no lixo

Un dos grandes formatos que temos son é Reportaxes. A Farola, La Estación e a ausencia de cobertura en Ribela foron temáticas abordadas no último ano en formatos audiovisuais.

A Farola. 1 ano despois

Especial do Xornal da Estrada no que se repasa como se chegou ao referendo da Farola e todo o que sucedeu durante o ano posterior.

La Estación, 11 anos creando oportunidades

Reportaxe na que se aborda a situación na que se atopa o Centro Xuvenil La Estación, un dos grandes motores da vida xuvenil estradense

Ribela, vivir sen cobertura

A parroquia estradense de Ribela ten un grave problema: en gran parte do seu territorio non hai cobertura. Ao longo da Reportaxe abordamos como é o día a día e o que implica a través do testemuño dos veciños.

E se falamos de reportaxes tamén podemos falar dos detalles. Cambios urbanísticos, coberturas de apagamentos, datos de incendios… todo iso e moito máis ten o seu oco no En detalle.

A vivenda na Estrada: “un bo momento” con máis demanda ca oferta

Analizamos a situación da vivenda na Estrada comparando os datos oficiais, os datos actuais e o punto de vista das inmobiliarias.

23 parroquias gañaron poboación, 24 perdérona

Analizamos a evolución da poboación nas parroquias cos últimos datos oficiais do INE.

O aumento de poboación na Estrada: mentres o rural freou a caída, o casco urbano gañou residentes

Reportaxe anterior que serve para analizar con máis detalle a evolución da poboación na Estrada dende o inicio do século ata finais de 2025.

7 anos de transformación urbana

Así cambiou A Estrada dende que comezaron as obras da alameda ata a actualidade.

7 incendios forestais en menos de 18 días

Así foi agosto na Estrada, que foi o sexto concello de Galicia con máis incendios forestais.

No Xornal da Estrada xeramos debates. No A Estrada a Debate abordáronse diferentes asuntos que estaban (ou non) de actualidade, pero que afectan á cidadanía.

A vivenda a debate

Como se pode facilitar o acceso á vivenda? E como se pode reducir o número de vivendas baleiras?

O rural a debate

Falta investimento no rural? Que se pode facer para mellorar a situación do rural e, á vez, atraer poboación?

La Estación a debate

Que facer para mellorar a situación do CJ La Estación?

E por se o que che interesa son os artigos de opinión, temos dúas seccións que poden interesarche.

Politicando

Un espazo no que se turnan os 4 partidos con representación no Concello para dar o seu punto de vista sobre o que se tería que facer na Estrada.

Actuación Xove

Un espazo de Imaxina e Axuda no que se publican artigos relacionados coa xuventude.

Que teñades unha feliz semana!!!