A Estrada incorporarase á Rede Española de Cidades Amigas da Infancia e das Persoas Maiores
Etiqueta: saúde
-

Todos podemos salvar vidas
(máis…)O Concello presentou o programa CardioAngel, co que se busca reducir as mortes por ataques ao corazón
-

Altri vertería ao Ulla nun ano o equivalente “ao xurro de 1.850 vacas mexando e cagando no río directamente”
(máis…)Xoán Castro: “van converter o Ulla nunha cloaca”
-

Preocupación en Reino Unido: Isabel II baixo “supervisión médica”
- “O país está profundamente preocupado por estas noticias”, asegurou Liz Truss, a Primeira Ministra británica.
- Toda a familia estáse dirixindo a Escocia, onde se atopa a raíña.
Os doutores que atenden á raíña Isabel II mostráronse este xoves “preocupados” polo seu estado de saúde e recomendaron que quede baixo supervisión médica. Nun comunicado, o Pazo de Buckingham informou de que a monarca atópase “cómoda” e continúa no castelo de Balmoral, en Escocia.
O príncipe Carlos e Camila Parker viaxaron inmediatamente ata alí para acompañala. O príncipe Guillermo tamén se trasladou ata a residencia estival e agárdase que vaia chegando o resto da familia.
A recén chegada ao cargo de primeira ministra, Liz Truss, asegurou en Twitter que “todo o país está profundamente preocupado polas novas que chegan desde o Pazo de Buckingham”. “Os meus pensamentos están con súa maxestade e a súa familia nestes intres”, agregou.
Este mércores xa tivo que suspender a reunión do seu Consello Privado alegando motivos de saúde. “Tras unha xornada ocupada este martes, Súa Maxestade aceptou esta tarde a recomendación dos doutores de descansar”, sinalou nun breve comunicado a portavoz da monarca, de 96 anos. A reunión do seu Consello Privado ía ser “reprogramada” e a raíña tiña previsto asistir por videoconferencia.
Ademais, a soberana británica permaneceu na súa residencia veraniega no Castelo de Balmoral (Escocia), en lugar de desparazarse a Londres, para recibir en audiencia á nova xefa do Goberno, debido aos seus problemas de movilidade que arrastra desde hai meses.
“Dío todo”
Para a prensa británica, que a Familia Real non dixera nada dos problemas de saúde de Isabel II nos últimos meses e agora si que o faga “dío todo”.
Ademais, a cerimonia de cambio de garda foi suspendida e a BBC está realizando unha programación especial.




