• Morren dúas mellizas de 12 anos ao caer desde un sexto en Oviedo

    A policía descartou a participación de terceiros. As rapazas residían no cuarto piso do edificio e tiñan un irmán de 10 anos. Segundo compañeiros do colexio, as rapazas eran vítimas de bullying.

  • Queixas polo mal estado dos parques infantís no rural

    Móvete fixo públicas as queixas da veciñanza de Santeles e San Miguel de Barcala polos parques infantís. No primeiro dos casos, pola inexistencia deste e, no segundo, pola ausencia das escaleiras e do chan da estrutura, polo que os rapaces non poden empregalo. Desde a formación tamén indicaron que “todos os anos lle temos que…

  • José López Campos buscará o voto da mocidade no Sky

    O actual alcalde e candidato do PP á reelección como alcalde da Estrada, José López Campos, celebrará este sábado o mitin central no Pavillón Manuel Coto Ferreiro (18.00h) e, ás 22.00h, un encontro coa mocidade no Pub Sky.

  • Debate electoral na Estrada

    Esta tarde celebrouse no Concello o debate electoral da Estrada. José López Campos (PP), Luis López Bueno (PSOE), Xoán Reices (BNG) e Mar Blanco Casais (Móvete) debateron sobre diferentes asuntos de preocupación para á cidadanía. No apartado de rural, o candidato do PP indicou a súa “boa xestión” durante o último goberno, destacando o “investimento…

  • Rafa Nadal retiraráse en 2024

    Tamén anunciou que non participará no Roland Garros pola mala evolución da súa lesión.

  • O BNG comprométese coa ampliación do polígono de Toedo

    O BNG criticou que o PP, pese a comprometerse a facelo en varias campañas electorais, non ampliou o polígono de Toedo algo que, segundo a formación nacionalista, é necesario para o desenvolvemento económico do concello. Por iso, dito partido comprométese a ampliar o solo público do polígono.

  • O PSOE propón a creación de aparcadoiros disuasorios

    O PSOE propón a creación de 3 aparcadoiros disuasorios no centro da Estrada. Nestes aparcadoiros haberá prazas reservadas para os maiores do rural que se achegan á vila para realizar as súas compras.

  • O PP responde ás críticas de mala xestión do rural

    José López indicou que se investiron 20 millóns de euros, unha “cifra récord”. Entre as melloras realizadas destacan a renovación das luminarias, o asfaltado de 120km de pistas e as novas sinalizacións. Unha das principais críticas que recibimos da oposición é o abandono e a falta de investimentos no rural. Eu podo entender que tratar…

  • ÚLTIMA HORA| Incendio forestal en Poio

    O incendio afecta a 1200 hectáreas e está próximo ás vivendas.

  • 9 mortos nas inundacións no norte de Italia

    As choivas torrencias que azoutan Emilia Romaña provocaron o rebordamento de todos os ríos da rexión e a evacuación de 10.000 persoas.