- Páxina de inicio
-
Sábado de troula en Arnois
Arnois, na Estrada, honrará o vindeiro sábado 5 á Virxe das Neves cunha misa ás 13.30h. Despois, haberá unha sesión vermú a cargo da Banda Municipal da Estrada e, pola noite, Olympus e Metrópolis amenizarán a verbena. Unha tirada de fogos de artificio culminará os festexos.
-
Nova edición do Rallymix de Carretas na Festa do Escalo de Couso
Esta fin de semana celebraráse a XLV Festa do Escalo no Coto de Couso (A Estrada). O venres 4 a Comisión de Festas abrirá a cantina. O sábado 5 verificaránse as carretas que participarán no II Rallymix de Carretas entre as 18 e as 19h para que, despois, dea inicio. Ás 21.00h haberá unha degustación…
-
Saída de vía con tres coches danados no casco urbano
Na madrugada de onte un vehículo que circulaba polas proximidades da biblioteca da Estrada saíuse da vía impactando contra un coche estacionado. Este último, a consecuencia do impacto, bateu contra outro vehículo aparcado. A Garda Civil identificou ao condutor polos restos deixados polo vehículo e a Policía Local realizou o atestado. Ademais, efectivos de Emerxencias…
-
Aparecen 5 gatiños dentro dun colector do lixo no centro da Estrada
A Asociación Palleiráns precisa de forma urxente a alguén que se queira facer cargo de tres gatiños que apareceron dentro dun colector do lixo na Rúa Virxinia Perira – na zona próxima a Correos e preto da Estación de Autobuses. Tal e como contan nunha publicación en Facebook, unha voluntaria avisounos ao escoitar miaños en…
-
Comezan as finais dun torneo de futbolín na Estrada
Na mañá deste sábado comezaron no Pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada as finais a nivel autonómico da LNF Presas. Nesta competición de futbolín atopámonos con 250 equipos de 2 compoñentes cada un e con dúas categorías: movemento – que se celebra este sábado – e parado – que se xoga mañá domingo. Ambos días…
-
López Bueno considera necesario renovar os alcaldes de barrio, pero non “a dedo”
O portavoz socialista na Estrada, Luis López Bueno, pronunciouse onte sobre o anuncio do PP local de renovar as alcaldías de barrio. López Bueno calificou a medida de necesarias dado que hai “decenas de parroquias nas que os veciños non contan con esta figura, que é fundamental para canalizar os problemas do día a día”.…
-
Manuel López Rodríguez, galardoado co Avelina Valladares
Manuel López Rodríguez foi galardoado co XXVII premio de poesía Avelina Valladares grazas ao seu poemario Fío – Taxidermista. Así o acordou na xornada deste xoves o xurado do certame.
-
Declarado un incendio forestal en Silleda
Minutos antes das 18.00h declarouse un incendio forestal na parroquia de Laro, en Silleda. Ata o lugar desprazáronse 4 brigadas, 2 motobombas e o helicóptero de Silleda.
-
Intento de secuestro a unha menor en Teo
Unha menor de idade denunciou ante a Garda Civil un intento de secuestro sobre ás 21.00h do mércores 26, segundo lle confirmou a Benemérita a Europa Press. Polo momento, o que se sabe é que dúas persoas terían intentado introducir á menor nun todoterreo verde. Os feitos producíronse en Montouto, preto do Plató 1000, no…
-
Vaga de incendios no Mediterráneo: rodeados polo lume en Sicilia
Este é o momento no que un hidroavión estrélase mentras extinguía un incendio en Eubea, Grecia. Os dous ocupantes faleceron no accidente. Este é un dos múltiples incendios que está afectando ao Mediterráneo. No país heleno o máis grave atópase na illa de Rodas onde estáse levando a cabo a maior evacuación da historia do…