• Accidente con atrapados en Cerdedo-Cotobade

    Sobre ás 19.30h o 112 recibiu un aviso dun accidente con atrapados en Pedre (Cerdedo-Cotobade). O vehículo caeu por un terraplén e, finalmente, os ocupantes conseguiron saír polo seu propio pé. Os accidentados foron atendidos polo 061. Ata o lugar tamén se desprazaron Emerxencias A Estrada, os Bombeiros de Silleda e Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.…

  • O mozo que agrediu a Rajoy acoitela a un xornalista de La Voz de Galicia

    O xornalista Alfredo López Penide, xornalista da delegación de Pontevedra do xornal La Voz de Galicia, resultou ferido tras o ataque dun mozo na redacción do xornal. O autor, Andrés de Vicente Fuentes, presentouse na redacción e, visiblemente alterado, comezou a berrarlle a unha empregada que el era o mozo que agredira a Mariano Rajoy…

  • Récord de solicitudes de voto por correo

    Correos admitiu máis de 2,6 millóns de solicitudes de voto por correo para estes comicios do 23 de xullo. Estas cifras supoñen un 94,71% máis que nas últimas Eleccións Xerais o 28 de abril de 2019 e un 80,45% respecto ás eleccións do 26 de xuño de 2016 que, ata o momento, marcaban o récord…

  • Queixas pola ausencia de alumeado público en San Xiao de Vea

    Os veciños de San Xiao de Vea (A Estrada) reclaman que se lles arranxe o sistema do alumeado público, servizo co que non contan desde hai un mes, cos conseguintes riscos para os residentes e condutores que circulan pola aldea de noite.

  • Sábado celébrase a VII Festa Gastronómica do Polo Asado de Barcia

    Xa rematou o prazo de inscrición para a cea que se vai a levar a cabo na VII Festa Gastronómica do Polo Asado de Barcia (Lalín). Esta festividade celébrase no marco das festas na honra da Virxe do Carme que se festexan sábado e domingo na parroquia. A cea, que dará comezo ás 22.00h do…

  • Esta fin de semana rematan as festas de Camposancos

    Domingo rematan as festas patronais de Camposancos (Lalín). Este sábado oficiaráse unha misa na honra de San Benito a partir das 13.00h. Despois, haberá unha procesión e sesión vermut a cargo da Charanga Noroeste. Pola noite, verbena con Reflejos e Nueva Era. Domingo celebraráse unha misa na honra da Virxe do Carme ás 13.15h e,…

  • Graba festexa Santa Mariña coa París de Noia

    Este domingo darán comezo as festas na honra de Santa Mariña en Graba. Ás 10.30 celebraráse unha misa na capela de Santa Mariña. Ás 12.30 haberá unha macrosesión vermú e sesión de tardeo a cargo de DJ Marcos Kintana e Ghaiteiras da Estrada. O martes ás 10.30 oficiaráse a última misa da novena e, ás…

  • Fin de semana de festas en Santa Mariña de Barcala

    Este sábado comezarán tres días de festa en Santa Mariña de Barcala. O sábado celebrarán a festa na honra de Santa Mariña cun pasarrúas so longo da mañá a cargo do Grupo Lume na Lareira, unha misa solemne ás 13.30h, sesión vermut co Grupo Lume na Lareira e o Dúo Latino e verbena a cargo…

  • Loimil festexa na honra da Virxe do Carme

    Este sábado celebraráse unha festa en Loimil na honra da Virxe do Carme. Ás 13.00h levaráse a cabo unha misa solemne e, a posteriori, haberá sesión vermut a cargo do Grupo de Gaiteiros Decotío. Pola noite, verbena a cargo do Trío Blanca Doble e do Dúo Rumbo Norte.

  • Callobre celebrará a 22ª edición do seu Folk de Raíz

    Este venres dará inicio unha nova edición do Folk de Raíz que se celebra en Callobre. O venres actuarán Devagarinho (22.00h), Regatos (22.45h), a A.C. Rosalía de Castro (00.15h) e Os Melidaos (01.45h). O sábado será o turno da Banda de Gaitas de Barbude (22.00h e 00.00h), Ailá (23.00h), Leilía (00.30h) e A Banda da…