Categoría: #A Estrada

  • Sábado de troula en Arnois

    Sábado de troula en Arnois

    Arnois, na Estrada, honrará o vindeiro sábado 5 á Virxe das Neves cunha misa ás 13.30h. Despois, haberá unha sesión vermú a cargo da Banda Municipal da Estrada e, pola noite, Olympus e Metrópolis amenizarán a verbena. Unha tirada de fogos de artificio culminará os festexos.

  • Nova edición do Rallymix de Carretas na Festa do Escalo de Couso

    Nova edición do Rallymix de Carretas na Festa do Escalo de Couso

    Esta fin de semana celebraráse a XLV Festa do Escalo no Coto de Couso (A Estrada). O venres 4 a Comisión de Festas abrirá a cantina.

    O sábado 5 verificaránse as carretas que participarán no II Rallymix de Carretas entre as 18 e as 19h para que, despois, dea inicio. Ás 21.00h haberá unha degustación de porco á brasa gratuíta e, a posteriori, dará inicio a verbena a cargo de Punto Zero.

    O domingo 6 será o día grande da festa cunha nova edición da Festa do Escalo. Entre ás 9.00 e as 10.00 os pescadores deberán inscribisrse. Ao remate da inscrición, dará inicio a primeira manga do concurso, que finalizará ás 13.00h. Ás 13.30h dará inicio a sesión vermú a cargo dos Pereiriños. A segundaa manga do concurso comezará ás 16.00h e rematará ás 19.00h. Por último, os premios entregaránse ás 20.00h. Ademais, durante todo o día poderá degustarse escalos e pementos de forma gratuíta.

    II Rallymix de Carretas

    Para inscribirse ao rallymix hai que enviar un WhatsApp ao 652 232 119 e é necesario ser maior de idade. A inscrición custa 20€ por parella. As carretas deben ser dunha soa roda e é obritorio empregar casco.

    Nesta edición repartiránse 4 premios: as tres mellores parellas recibirán 400€, 200€ e unha carreta máxica, respectivamente, e a parella que teña a carreta mellor tuneada e os compoñentes estean mellor disfrazados, recibirán o premio especial de 100€.

  • Saída de vía con tres coches danados no casco urbano

    Na madrugada de onte un vehículo que circulaba polas proximidades da biblioteca da Estrada saíuse da vía impactando contra un coche estacionado. Este último, a consecuencia do impacto, bateu contra outro vehículo aparcado.

    A Garda Civil identificou ao condutor polos restos deixados polo vehículo e a Policía Local realizou o atestado.

    Ademais, efectivos de Emerxencias desprazáronse ata a Rúa Antón Lossda Diéguez para retirar unha rama que caira sobre a beirarrúa e un coche desde a finca dun particular.

  • Aparecen 5 gatiños dentro dun colector do lixo no centro da Estrada

    A Asociación Palleiráns precisa de forma urxente a alguén que se queira facer cargo de tres gatiños que apareceron dentro dun colector do lixo na Rúa Virxinia Perira – na zona próxima a Correos e preto da Estación de Autobuses. Tal e como contan nunha publicación en Facebook, unha voluntaria avisounos ao escoitar miaños en dito colector e atopouse cunha bolsa con cinco gatiños – 2 deles mortos. Os animais foron levados ao veterinario e interpúxose unha denuncia ante a Policía Local e o Seprona.

  • Comezan as finais dun torneo de futbolín na Estrada

    Comezan as finais dun torneo de futbolín na Estrada

    Na mañá deste sábado comezaron no Pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada as finais a nivel autonómico da LNF Presas. Nesta competición de futbolín atopámonos con 250 equipos de 2 compoñentes cada un e con dúas categorías: movemento – que se celebra este sábado – e parado – que se xoga mañá domingo.

    Ambos días as competicións comezan ás 11.00h e xóganse catro categorías: élite, primeira, segunda e terceira. O horario de finalización da xornada será entre ás 22.00h e as 23.00h.

    No que se refire aos premios, repartiránse 15.000€ entre os 12 mellores equipos de todas as categorías e trofeos entre os 16 mellores.

  • López Bueno considera necesario renovar os alcaldes de barrio, pero non “a dedo”

    O portavoz socialista na Estrada, Luis López Bueno, pronunciouse onte sobre o anuncio do PP local de renovar as alcaldías de barrio. López Bueno calificou a medida de necesarias dado que hai “decenas de parroquias nas que os veciños non contan con esta figura, que é fundamental para canalizar os problemas do día a día”.

    Para o socialista, o culpable da renuncia de varios alcaldes de barrio foi o PP:

     “Fan o traballo de falar cos veciños e veciñas, trasládanlle as peticións ao PP e a cambio reciben poucas solucións. Ao final quedan mal cos veciños porque o PP non é capaz de arranxar cousas por pequenas que sexan e iso acaba por cansalos. Responder por un goberno vago e pouco serio tamén cansa”

    Luis López Bueno, líder do PSdeG-PSOE na Estrada

    Para o líder socialista, o sistema de elección de “dedazo” non é representativo e entende que o PP só quere aos alcaldes de barrio para “que tenten defender a inacción de goberno nas parroquias” e, por iso, “non queren nomear representantes dos veciños”.

    “O acertado é facer unha elección democrática entre os veciños e veciñas”, comenta López Bueno, porque, de non ser así, suporía “un dedazo para nomear afíns ao PP”.

    Amais, López Bueno criticou ao PP por saltarse o regulamento de participación cidadá ” non contestando por escrito aos veciños, non convocando os órganos que se crearon co regulamento e non respectando as súas atribucións”. O socialista aposta por incluír a elección democrática dos alcaldes de barrio no Regulamento de Participación Cidadá para que “ningún goberno municipal poida pasar por encima da vontade dos veciños”.

  • Manuel López Rodríguez, galardoado co Avelina Valladares

    Manuel López Rodríguez foi galardoado co XXVII premio de poesía Avelina Valladares grazas ao seu poemario Fío – Taxidermista. Así o acordou na xornada deste xoves o xurado do certame.

  • Declarado un incendio forestal en Silleda

    Declarado un incendio forestal en Silleda

    Minutos antes das 18.00h declarouse un incendio forestal na parroquia de Laro, en Silleda. Ata o lugar desprazáronse 4 brigadas, 2 motobombas e o helicóptero de Silleda.

  • “Coma eu, moitísima xente”: a situación dos traballadores dunha popular cervexería da Estrada

    “Coma eu, moitísima xente”: a situación dos traballadores dunha popular cervexería da Estrada

    A situación dos traballadores da hostalería moitas veces non é a mellor, con xornadas abusivas e soldos baixos. A semana pasada viamos o caso dun grupo empresarial no que a muller do xefe trataba mal aos empregados e hoxe imos ver outro caso.

    No grupo de Facebook Denuncia explotación laboral A Estrada fixéronse eco de varios testemuños de persoas que traballaron nunha cervexaría da Estrada. No primeiro deles atopámonos cunha extraballadora do local que comenta que “ninguén aguanta alí” e que “levará o cartel máis dun ano pegado fóra buscando xente”. Sobre a xornada laboral, relata, “a cantidade de horas é inhumana, estaba facendo 12/13 horas todos os días, non tiña vida e estaba perxudicando á miña saúde, tanto física como mental”. O relato continúa indicando “que había semanas que non descansaba nin un só día e, sobre todo, estar aguantando o trato, horrible”.

    E do soldo, xa mellor nin falar:

    “De sueldo ya ni te digo: 800 miserables euros asegurada 4 horas, como yo muchísima más gente ha pasado por ahí y ha estado en la misma situación“.

    Extraballadora, vía Denuncias explotación laboral A Estrada.

    Outra persoa comentou que traballou uns días de mañá e outros de tarde sen problemas ata que, un día que traballaba pola mañá, díxolle que tiña que ir pola noite xa que había partido. “Avísame pola tarde e díxenlle que non podía” por que “tiña un compromiso familiar”. Tal e como conta, “a súa resposta foi que se non ía ir, que non volvera por alí e que non ía cobrar nada do que traballara”. Conta que “intentei reclamar legalmente e só estivera asegurada dous días, cando xa levaba traballado entre 15 e 20 días”.

    No último caso que se fixo público, o dunha excociñeira, coméntase que “fai tempo que denunciei […] porque non me quixo pagar o soldo” e, “despois de ter un contrato fraudulento e idas e vidas, non houbo forma de cobrar”. Tras isto, relata, “enfadeime porque eu cumpría con creces o meu traballo, e tivo a indecencia de dicirme que non volvera”. Tras isto, “leveino a Maxistratura” e tivo que pagarlle o soldo “e saíulle caro”. Por último, culmina cun “eran horas de pararlle os pés a todos estes que non son xefes nin nada”.

  • Charla sobre o coidado da pel na Estrada

    Charla sobre o coidado da pel na Estrada

    Este xoves 27 celebraráse no MOME unha charla informativa sobre o coidado da pel organizada pola Asociación Española Contra o Cancro. A charla dará inicio ás 20.00h e estará impartida por Santi Nodar, farmacéutico de farmacia comunitaria. O acceso é gratuíto.