Categoría: #A Estrada

  • Galilea e Cinema nas festas da Xesta

    Galilea e Cinema nas festas da Xesta

    O domingo 30 e o luns 31 a parroquia lalinense da Xesta festezará as súas festas na honra da Virxe do Carme. O domingo oficiaráse unha misa ás 13.00h e, despois, o grupo Arena amenizará a sesión vermú. Dito grupo estará acompañado na verbena pola orquesta Galilea. O luns a misa oficiaráse ás 12.30h e, despois, haberá sesión vermú a cargo do dúo Dilema. Este grupo estará acompañado na verbena pola orquesta Cinema e o DJ Pacheco.

  • Fútbol e Panorama nas festas de Berres

    Fútbol e Panorama nas festas de Berres

    Berres (A Estrada) festexará as súas festas na honra da Virxe do Amparo e de Santa Lucía do sábado 29 ao luns 31.

    O sábado celebraráse, a partir das 18.00h, o Trofeo Virxe do Amparo no Campo O Pardiñeiro. Nel enfrontaránse a ACD Vetereanos de Berres e UllaOil Veteranos. A partir das 22.30h dará inicio a verbena amenizada por Treixadura e Charleston Big Band.

    O domingo oficiaráse unha misa solemne ás 12.30h na honra da Virxe do Amparo. O pasarrúas, a sesión vermú e a verbena correrá a cargo de Lume na Lareira, da Banda Municipal de Silleda e da Banda Artística de Merza.

    O luns 31 celebraráse unha misa na honra de Santa Lucía ás 13.00h. A Banda Municipal da Estrada dará un concerto e amenizará a sesión vermú. Pola noite, haberá unha verbena a cargo da orquesta Panorama e o DJ Carlos López.

  • Agolada celebra a Festa dos Chóferes

    Agolada celebra a Festa dos Chóferes

    O sábado 29 celebraráse en Agolada a Festa dos Chóferes. A actividade principal levaráse a cabo na Carballeira da Zanquiña. Ás 12.30 oficiaráse unha misa e, media hora despois, dará inicio desfile desde a igrexa. Bico da Balouta porá música no desfile e, despois, na sesión vermú. Pola tarde haberá xogos entre os que atopamos o touro mecánico, carreiras de sacos ou a corda. Pola noite será a verbena a cargo da Charanga Santa Compaña, o DJ Marcos Fdez. e o DJ Pacheco.

  • Breixa honra ao Santiago Apóstolo

    Breixa honra ao Santiago Apóstolo

    A parroquia de Breixa, en Silleda, honrará ao Santiago Apóstolo cunha misa solemne ás 13.30h e unha sesión vermú e verbena a cargo do dúo Punto Zero.

  • Fafián celebra o Santiago Apóstolo

    Fafián celebra o Santiago Apóstolo

    Fafián, en Rodeiro, festexará o Santiago Apóstolo o 25 e 26 de xullo. Ambos días oficiaráse unha misa solemne ás 13.30h. O martes 25 tamén haberá sesión vermú e verbena a cargo do trío Reflejos. O mércores 26 será o turno de Pachi Show e Laura Ocampos.

  • Festas na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana en Sello

    Festas na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana en Sello

    A parroquia lalinense de Sello festexará o Santiago Apóstolo e Santa Ana con dous días de festa. Os festexos comezarán o martes 25 cunha misa solemne ás 13.00h e co pasarrúas e sisión vermú a cargo da charanga KM0. Pola noite, a verbena correrá a cargo de Xtra e Nueva Era.

    O mércores 26 haberá unha misa solemne ás 13.00h e, ao remate desta, unha sesión vermú a cargo da charanga Ardores. Á noite actuará dita charanga acompañada de 3. Com.

  • Eidián celebra o Santiago Apóstolo

    Eidán, en Agolada, celebrará as súas festas na honra a Santiago Apóstolo o 25 e 26 de xullo. O martes 25 oficiaráse unha misa solemne ás 13.00h. Haberá un pasarrúas e sesión vermú a cargo da charanga Leña Verde e, pola noite, dita charanga estará acompañada polo dúo Acherizados.

    O mércores 26 haberá unha misa solemne ás 13.00h e sesión vermú e verbena a cargo do dúo Élite.

    Ao longo da verbena haberá sorteos.

  • Cortegada celebra a XXI Festa da Paella

    Cortegada celebra a XXI Festa da Paella

    O sábado 29 e o domingo 30 a parroquia silledense de Cortegada celebrará as súas festas patronais na honra de Santa María. O sábado celebraráse a XXI Festa da Paella cunha cea a partir das 22.00h e verbena a cargo da orquesta Tango e do grupo Unión y Fuerza. O domingo ás 13.00h oficiaráse unha misa solemne cantada polo coro Cortegada. A posteriori, haberá unha sesión vermú amenizada polas Ferreñas de Cortegada. A partir das 17.00h haberá unha festa infantil.

  • O PP foi o gañador en Deza e Tabeirós-Terra de Montes

    O PP foi o partido gañador en case todos os concellos da provincia de Pontevedra. Nas capitais de Deza e Tabeirós-Terra de Montes a participación aumentou e a formación popular foi a gran beneficiada: na Estrada aumentou o seu número de votos en 1500 papeletas e, en Lalín, en 1600.

    Relacionado

    Na Estrada tamén subiron PSOE (300 votos máis) e BNG (100 votos). Polo contrario, Sumar perdeu preto de 100 votos respecto ao seu predecesor Unidas Podemos e Vox perdeu 350 votos.

    En Lalín o BNG conseguiu manterse pero o resto de partidos perderon votantes. Deste xeito, 250 electores menos introduciron a papeleta do PSOE nas urnas da localidade, 150 a de Sumar e 350 a de VOX.

  • Agolada en Deza e A Estrada en Tabeirós son os concellos con maior participación ata ás 14 horas

    A participación das Eleccións Xerais aumentou en comparación cos últimos comicios deste tipo en España e en Galicia, pero tamén nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

    O concello que máis destaca é Agolada, cun 49,59%, no que a participación ascende máis de 19 puntos respecto ás de novembro de 2019. Con este ascenso, ás 14 horas sitúase preto dos datos de participación das 18h dos últimos comicios nacionais, nos que a esa hora votaran un 52,72% dos censados.

    No resto de Deza, en Lalín ás 14h xa votara un 39,72% dos chamados ás urnas, 8,2 puntos máis que en 2019, en Silleda xa o fixo un 39,35% (+7,23), en Vila de Cruces un 41,13% (+11,89), en Dozón un 31,96% (+6,8) e, en Rodeiro, un 37,5% (+12,01).

    En Tabeirós-Terra de Montes foi A Estrada o concello no que máis porcentaxe dos chamados ás urnas votou ata as 14 horas. En concreto votou un 42,5% do censo (+8,42). En Cerdedo-Cotobade fíxoo un 41,99% (+9,03) e, en Forcarei, un 37,33% (+5,78).