Categoría: #A Estrada

  • Festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede en Loño

    Festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede en Loño

    A parroquia cruceña de Loño festexará este xoves e venres as súas festas na honra de Santa Margarida e de San Mamede.

    O xoves ás 13.15h celebraráse unha misa cantada polo grupo Voces da Terra e, a posteriori, haberá unha sesión vermú a cargo do Dúo Reflejos. Pola noite, verbena co grupo América S.L. e a orquesta Los Player’s.

    O venres oficiaráse ás 13.15h unha misa cantada. A sesión vermú e a verbena correrá a cargo dos grupos Máster e Atenas.

    Haberá polbo, pementos de Loño, postre e viño, ademais de amplos aparcadoiros.

  • O gran duelo da verbena galega viviráse en Callobre

    O gran duelo da verbena galega viviráse en Callobre

    Callobre celebra este xoves 20 e venres 21 as súas festas na honra de Santa Margarida e da Nosa Señora do Carme, coñecidas porque por alí pasan as grandes orquestas da verbena galega. E así será un ano máis: o xoves viviráse o gran duelo da verbena galega coas orquestas Panorama e París de Noia e, o venres, será o turno de Los Satélites, Ritmo Joven e Herdeiros da Crus.

    Ademais, haberá servizo de autobús desde a Praza do Concello da Estrada. Ambos días os buses sairán ás 10.30, 11.30, 12.30 e 01.30h dirección Callobre e ás 03.00, 04.00, 05.00 e 06.00h dirección A Estrada.

  • Satélites e Panorama farán vibrar Ribeira

    Satélites e Panorama farán vibrar Ribeira

    A parroquia estradense de Ribeira celebrará entre o martes e o mércores as súas festas patronais na honra de Santa Mariña. O martes haberá unha misa solemne ás 13.00 e, ao remate desta, sesión vermú a cargo do Dúo Reflejos. Pola noite, verbena a cargo dos dúos Reflejos e Gaia.

    O mércores será o día de máis festa. Ás 13.00h oficiaráse unha misa e, a posteriori, haberá unha sesión vermú a cargo de Punto Zero. Pola noite haberá unha gran verbena a cargo das orquestas Satélites e Panorama coa a que se lle porá punto e final aos festexos.

  • Últimos días para apuntarse á I Festa do Bolo Preñado de San Miguel de Castro

    Últimos días para apuntarse á I Festa do Bolo Preñado de San Miguel de Castro

    O vindeiro 25 de xullo a parroquia estradense de San Miguel de Castro celebrará a primeira edición da Festa do Bolo Preñado. Os actos da festa comezarán ás 10.00h cunha ruta de sendeirismo que sairá do campo da festa de Seixo. Ás 13.00h haberá unha sesión vermú e, a posteriori, dará inicio o xantar. O menú está composto por empanada, bolos preñados, polo crocante e, de postre, coquiño e xeados e custa 12€. Tanto a sesión vermú como o xantar celebraráse no Coto de Castro.

    Haberá cantina, música, xogos tradicionais e servizo de transporte desde o aparcadoiro ara o Alto do Castro gratuíto. O xantar ten aforo limitado e a data límite para apuntarse é o martes 18. Para apuntarse pode chamar ao 637 80 96 61 ou ao 722 51 41 91.

  • Accidente con atrapados en Cerdedo-Cotobade

    Accidente con atrapados en Cerdedo-Cotobade

    Sobre ás 19.30h o 112 recibiu un aviso dun accidente con atrapados en Pedre (Cerdedo-Cotobade). O vehículo caeu por un terraplén e, finalmente, os ocupantes conseguiron saír polo seu propio pé. Os accidentados foron atendidos polo 061. Ata o lugar tamén se desprazaron Emerxencias A Estrada, os Bombeiros de Silleda e Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

    Tal e como se mostra no mapa de incidencias do 112, o accidente produciuse na N-541, a poucos metros de onde este Nadal un autobús caeu ao río Lérez.

    Ubicación do accidente. // 112
  • Queixas pola ausencia de alumeado público en San Xiao de Vea

    Os veciños de San Xiao de Vea (A Estrada) reclaman que se lles arranxe o sistema do alumeado público, servizo co que non contan desde hai un mes, cos conseguintes riscos para os residentes e condutores que circulan pola aldea de noite.

  • Sábado celébrase a VII Festa Gastronómica do Polo Asado de Barcia

    Sábado celébrase a VII Festa Gastronómica do Polo Asado de Barcia

    Xa rematou o prazo de inscrición para a cea que se vai a levar a cabo na VII Festa Gastronómica do Polo Asado de Barcia (Lalín). Esta festividade celébrase no marco das festas na honra da Virxe do Carme que se festexan sábado e domingo na parroquia. A cea, que dará comezo ás 22.00h do sábado, estará animada polo Grupo de Gaitas Repinicando. Ademais, haberá unha verbena amenizada polo Dúo Punto Zero e pola Orquesta Costa Blanca.

    O domingo oficiaráse unha misa a partir das 13.00h que terá unha procesión na Carballeira de Barcia ata a Igrexa. O regreso estará acompañado pola Banda de Música de Vilatuxe. Dita banda amenizará a sesión vermú.

  • Esta fin de semana rematan as festas de Camposancos

    Esta fin de semana rematan as festas de Camposancos

    Domingo rematan as festas patronais de Camposancos (Lalín). Este sábado oficiaráse unha misa na honra de San Benito a partir das 13.00h. Despois, haberá unha procesión e sesión vermut a cargo da Charanga Noroeste. Pola noite, verbena con Reflejos e Nueva Era.

    Domingo celebraráse unha misa na honra da Virxe do Carme ás 13.15h e, a posteriori, levaráse a cabo unha procesión e unha sesión vermut a cargo da Charanga Os Kokakolas.

  • Graba festexa Santa Mariña coa París de Noia

    Graba festexa Santa Mariña coa París de Noia

    Este domingo darán comezo as festas na honra de Santa Mariña en Graba. Ás 10.30 celebraráse unha misa na capela de Santa Mariña. Ás 12.30 haberá unha macrosesión vermú e sesión de tardeo a cargo de DJ Marcos Kintana e Ghaiteiras da Estrada.

    O martes ás 10.30 oficiaráse a última misa da novena e, ás 13.30, unha misa solemne. Ás 14.30, sesión vermú a cargo de Feitizo de Pau e, a partir das 23.00, verbena coa orquesta París de Noia, a discomóbil CDC e co DJ Carlos López.

  • Fin de semana de festas en Santa Mariña de Barcala

    Fin de semana de festas en Santa Mariña de Barcala

    Este sábado comezarán tres días de festa en Santa Mariña de Barcala. O sábado celebrarán a festa na honra de Santa Mariña cun pasarrúas so longo da mañá a cargo do Grupo Lume na Lareira, unha misa solemne ás 13.30h, sesión vermut co Grupo Lume na Lareira e o Dúo Latino e verbena a cargo do citado dúo.

    O domingo é a festa na honra do Santísimo Sacramento. Ás 13.30h celebraráse unha misa solemne e haberá un pasarrúas e sesión vermut a cargo da Banda de Música Cultural da Estrada.

    O luns oficiaráse unha misa solemne na honra de San Roque.