Categoría: #A Estrada

  • O BNG di que pelexará “pola variante e pola mellora da seguranza da N-640” se goberna

    O BNG celebrou o seu mitin central no MOME. Dito acto contou co apoio de Néstor Rego, deputado do partido no Congreso.

    Xoán Reices, candidato á alcaldía, afirmou que “un goberno do BNG terá entre as súas prioridades pelexar pola Variante” e acusou a PSOE e PP de non ter interés nela e de tela só como medida electoralista.

    “Un alcalde do BNG non calará ante o elevado número de accidentes, como fai o PP, esixiremos solucións e para iso contamos coa axuda do noso deputado Néstor Rego, que el si, é o único deputado que defende os intereses dos veciños e veciñas en Madrid, mentres o outro, o do PP, que é da Estrada, non fai nada pola Variante nin pola seguranza vial”

    Xoán Reices
  • Queixas polo mal estado dos parques infantís no rural

    Móvete fixo públicas as queixas da veciñanza de Santeles e San Miguel de Barcala polos parques infantís. No primeiro dos casos, pola inexistencia deste e, no segundo, pola ausencia das escaleiras e do chan da estrutura, polo que os rapaces non poden empregalo.

    Desde a formación tamén indicaron que “todos os anos lle temos que insistir ao goberno do PP para que solucione dunha vez os problemas da traída de auga de Codeseda” e que xa este venres “o camión cisterna tivo que recargar os depósitos”.

  • José López Campos buscará o voto da mocidade no Sky

    O actual alcalde e candidato do PP á reelección como alcalde da Estrada, José López Campos, celebrará este sábado o mitin central no Pavillón Manuel Coto Ferreiro (18.00h) e, ás 22.00h, un encontro coa mocidade no Pub Sky.

  • Debate electoral na Estrada

    Debate electoral na Estrada

    Esta tarde celebrouse no Concello o debate electoral da Estrada. José López Campos (PP), Luis López Bueno (PSOE), Xoán Reices (BNG) e Mar Blanco Casais (Móvete) debateron sobre diferentes asuntos de preocupación para á cidadanía.

    No apartado de rural, o candidato do PP indicou a súa “boa xestión” durante o último goberno, destacando o “investimento récord” desta última lexislatura. Mentras, a oposición volveu criticar os bacheos exprés, as cunetas sen desbrozar e os cables que caen de forma frecuente.

    No bloque de benestar social, a oposición solicitou melloras nos servizos municipais, entre os que destaca o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que mantivo importantes tensións polas malas condicións laborais. Tamén solicitaron a creación de espazos para a cidadanía no vello ambulatorio.

    En materia de economía e desenvolvemento, goberno e oposición coincidiron na necesidade da ampliación do polígono de Toedo que, segundo o PP, “realizaráse a partir de 2024”. A oposición tamén mostraron a súa preocupación polo previsible descenso da poboación e a mala situación do comercio. López Bueno tamén lembrou que o Concello debe 10 millóns de euros. O alcalde tamén lembrou que o vindeiro ano comezará a construcción da autovía, que segundo Reices, “rematará en Teo”.

    No último bloque, o de servizos públicos e competencia municipal, os partidos da oposición criticaron os problemas do SAF, a falta de aprobación dos presupostos deste ano- pese a que o PP ten maioría absoluta-, a ausencia de banda ancha no rural, a tardanza dos trámites á hora de poder construír unha vivenda e os problemas na recollida do lixo. López Campos destacou que A Estrada ten o mellor centro de saúde de España.

  • O BNG comprométese coa ampliación do polígono de Toedo

    O BNG comprométese coa ampliación do polígono de Toedo

    O BNG criticou que o PP, pese a comprometerse a facelo en varias campañas electorais, non ampliou o polígono de Toedo algo que, segundo a formación nacionalista, é necesario para o desenvolvemento económico do concello. Por iso, dito partido comprométese a ampliar o solo público do polígono.

  • O PSOE propón a creación de aparcadoiros disuasorios

    O PSOE propón a creación de aparcadoiros disuasorios

    O PSOE propón a creación de 3 aparcadoiros disuasorios no centro da Estrada. Nestes aparcadoiros haberá prazas reservadas para os maiores do rural que se achegan á vila para realizar as súas compras.

  • O PP responde ás críticas de mala xestión do rural

    O PP responde ás críticas de mala xestión do rural

    José López indicou que se investiron 20 millóns de euros, unha “cifra récord”. Entre as melloras realizadas destacan a renovación das luminarias, o asfaltado de 120km de pistas e as novas sinalizacións.

    Unha das principais críticas que recibimos da oposición é o abandono e a falta de investimentos no rural. Eu podo entender que tratar de acuñar ese argumento forma parte da súa estratexia política para desgastarnos como goberno, pero os datos demostran que é unha falacia absoluta. Neste mandato logramos investir nas parroquias nada máis e nada menos que 20 millóns de euros, unha cifra récord que xamáis na historia se alcanzara antes. Aí está a renovación da iluminación pública con tecnoloxía LED, 120 quilómetros de pistas asfaltadas, melloras nas traídas de augas, o novo proxecto de sinalización que se está a executar, desbroces e mantemento de viais, etc., etc. E nesta liña imos seguir. O rural foi, é e será unha prioridade para nós.

    José López
  • Denunian restos do consumo de heroína no baño da alameda

    Denunian restos do consumo de heroína no baño da alameda

    Ademais hai varias pintadas, entre as que hai unha esvástica.

  • O PSOE propón humanizar a Farola

    O PSOE propón humanizar a Farola

    Desaparecería a rotonda e só se podería circular cara as rúas San Paio, Pérez Viondi e Peregrina. Ademais, recuperaríase a fonte.

  • Xoán Reices lamenta a carencia de saneamento no rural

    O BNG lamentou que o PP non executou o plan director para levar a cabo saneamentos no rural anunciado en 2019.

    “Sanear o rural da Estrada non é só unha necesidade en termos medio ambientais, é unha obriga das normas europeas, mais o goberno municipal do non o ten entre as súas prioridades, a pesar de que é unha das principais demandas dos veciños e veciñas do rural”

    BNG da Estrada