Categoría: #A Estrada
-

Programado un torneo de fútbol 7 na Somoza
O 17 de xuño ás 15.30 horas comezará un torneo de fútbol 7 na parroquia da Somoza (A Estrada). Nel participarán equipos compostos por entre 8 e 12 xogadores de entre 16 e 35 anos. Os partidos constarán de dúas partes de 20 minutos cada unha e 5 minutos de descanso.
As inscricións poden realizarse desde a ligazón do seu perfil de Instagram.
Este non é o único torneo de fútbol que se vai producir no noso concello este ano, pois do 12 ao 30 de xuño celebraráse a AE League Reduce/AENOR
-

Ouzande celebra esta noite a I Festa da Primavera
Hoxe Ouzande vivirá a súa primeira verbena desde setembro de 2019, cando se celebraron as últimas patronais, dado que en 2020 e en 2021 remitiron todas as celebracións parroquiais a misas pola pandemia da COVID-19.
Desde as 22.00h, Chocolate Disco Móvil e a orquestra El Combo Dominicano porán ritmo á primeira edición da Festa da Primavera, organizada porque en agosto e setembro- cando se realizan os festexos parroquiais- é máis difícil contratar orquestras. Ademais, haberá pulpeiro e unha carpa grande por se chovera.




