Categoría: Deportes
-

O Goberno toma medidas tras a non dimisión de Rubiales
Cales son os prazos para a posible destitución de Rubiales?
(máis…) -

A liga de inverno da Estrada Tennis League comezará en setembro
Na fase regular da liga os participantes terán que poñerse de acordo para decidir a sede dos seus partidos.
Consulte aquí toda a información sobre a ETL
(máis…) -

Os estradenses poderán desfrutar dunha competición de tenis
No concello da Estrada naceu este martes 1 de agosto a Estrada Tennis League (ETL polas súas siglas), unha liga de tenis que nace co obxectivo de que os tenistas – sexan do nivel que sexan – “poidan liberar as súas ansias competitivas e poñerse a proba”.
O formato da ETL será “ao máis puro estilo americano, baseada nunha fase regular e nun playoff“. A competición dividiráse nunha competición de inverno e nunha de primavera.
PHDnoticias púxose en contacto coa competición e confirmáronnos que a competición está dirixida para o público en xeral e que se valora crear unha categoría para os nenos en función dos rapaces que se puideran chegar a inscribir.
Ao longo dos vindeiros días irán dando máis detalles.
-

Comezan as finais dun torneo de futbolín na Estrada
Na mañá deste sábado comezaron no Pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada as finais a nivel autonómico da LNF Presas. Nesta competición de futbolín atopámonos con 250 equipos de 2 compoñentes cada un e con dúas categorías: movemento – que se celebra este sábado – e parado – que se xoga mañá domingo.
Ambos días as competicións comezan ás 11.00h e xóganse catro categorías: élite, primeira, segunda e terceira. O horario de finalización da xornada será entre ás 22.00h e as 23.00h.
No que se refire aos premios, repartiránse 15.000€ entre os 12 mellores equipos de todas as categorías e trofeos entre os 16 mellores.
-

O Tour sairá hoxe de Bilbao arroupado por unha das mellores afeccións do mundo
O Tour de Francia comezará hoxe. A primeira saída da gran ronda gala será en Bilbao, no País Vasco. Tras tomar a saída subirán a Laukiz (3ª categoría), San Juan de Gaztelugatxe (3ª categoría), Morga (4ª categoría), Alto de Vivero ( 2ª categoría) e Pike (3ª categoría). Tras esta última subida afrontarán o descenso que os levará ata Bilbao.

Perfil do ascenso a Pike. // ASO A retransmisión por televisión a través de Teledeporte comezará ás 12.10 para poder ver a saída neutralizada que comezará ás 12.30.


