Día grande das festas patronais de San Paio que comezará co 3×3 de fútbol para categoría base. Ás 10.30h e ás 12h Musikenos actuará no Teatro.
Ás 11.00 estará lista a alfombra floral elaborada pola Asociación de Alfombristas da Estrada na Calvo Sotelo, comezará o Xfest no que haberá Skateboard, Scaperoom, Nerf e Ponte-Slackline e a Charanga BB+ realizará un pasacalle.
Ás 13h @mepintakiki realizará unha sesión de tatuaxes semipermanentes con aerógrafo e a Banda de Música Cultural da Estrada dará un concerto.
Ás 16h será o turno do 3×3 de fútbol de categoría absoluta e do Taller de grafiti, da Batalla de galos e da Esgrima histórica no Xfest.
Ás 18h a Charanga BB+ volverá a percorrer as rúas estradenses e comezará a final do torneo de tenis dobres Concello da Estrada.
Ás 19h haberá un concerto infantil con inchables e festa da escuma na Praza do Mercado e un pasacalle a cargo da Banda de Música Cultural da Estrada.
Ás 20h, Batucada Latexo Percusión na Farola; Mani Maro, Breynz e Ruvix no Xfest e misa cantada na honra a San Paio polo Coro San Simón de Teo. A posteriori, procesión a cargo da Agrupación Musical de Cornetas, Tambores e Gaitas ACOGATA de Ferrol e da Banda de Música Cultural da Estrada.
Ás 20.30h, sesión DJ a cargo de Iván Campos e Carlos López na Zona dos Viños. Ás 22.30h Xoel López actuará na Praza do Concello e a Orquestra El Combo Dominicano actuará a partir de medianoite na Praza de Galicia.














