Categoría: Galicia

  • A competencia estradense de PHDn

    A competencia estradense de PHDn

    Os 10 centros educativos estradenses en colaboración con Dinamizaestrada e o Concello están a realizar uns pequenos informativos dentro do marco dunha iniciativa para fomentar o uso do galego. Cada centro educativo gravou un informativo cunha parella de presentadores e diferentes reporteiros.

    O primeiro informativo publicouse hoxe ás 12.00h na canle de YouTube do Concello da Estrada. Esta primeira edición é a correspondente ao IES Manuel García Barros. Os seus presentadores foron Mario e Manuel e contaron con entrevistas a Ana a conxerse, Pepe o encargado da cafetería e aos deportistas Jorge Espiño, que “xoga a empatar”, e a Abel, que “xoga a gañar”.

    Os luns, mércores e venres ás 12.00h publicaránse as vindeiras edicións. A seguinte edición corresponderá ao colexio de Oca.

  • Xoan Carlos I chegará mañá a Galicia

    Xoan Carlos I chegará mañá a Galicia

    Estará catro días en Sanxenxo e luns reuniráse coa súa familia

    Xoan Carlos I chegará este xoves 19 de maio a Sanxenxo, onde permanecerá ata luns, cando se reunirá con Felipe VI en Madrid, segundo anunciou a Casa Real nun comunicado.

    Tal e como explica Zarzuela, o monarca emérito trasladou esta tarde “o seu desexo de que se faga pública a súa decisión de desprazarse a España a partir de mañá día 19 ata o próximo luns día 23 de maio”.

    “O luns reuniráse coa Súa Maxestade o Rei, coa Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía e demais membros da súa familia no Pazo da Zarzuela”

    “Don Xoan Carlos ten previsto permanecer durante estas datas na localidade galega de Sanxenxo, e o luns reuniráse coa Súa Maxestade o Rei, coa Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía e demais membros da súa familia no Pazo da Zarzuela”, subliña.

    Ese mesmo luns, Xoan Carlos I “emprenderá a viaxe de regreso” a Abu Dabi, “onde fixou a súa residencia de forma permanente e estable”.

    Esta visita será para “visitar familia e amigos”.

  • Así afectará á Estrada o episodio excepcional de temperaturas altas

    Así afectará á Estrada o episodio excepcional de temperaturas altas

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informou dun período excepcional de temperaturas altas para a época do ano.

    Tal e como se observa nas gráficas meteorolóxicas que ten O Planeta de Hoxe en Día para A Estrada, a xornada de mañá virá acompañada de pequenas orballeiras. A partir de xoves os ceos estarán despexados e as temperaturas comezarán a ascender chegando aos seu máximo o sábado con 33 graos. O domingo as temperaturas máximas comezarán a descender e a inestabilidade comezará a facer acto de presencia e intensificaráse luns.

  • GRÁFICA: Días calurosos en Galicia. A temperatura no teu concello

    GRÁFICA: Días calurosos en Galicia. A temperatura no teu concello

    Realización propia. Fonte: AEMET

    Durante os próximos días Galicia vivirá unha situación de tempo cálido no que as temperaturas superarán os 30º en varios concellos.

  • Así é a proposta para o curso escolar 2022-2023 da Xunta: inicio o 8 de setembro en todas as etapas, adaptacións á Lei Celaá…

    Así é a proposta para o curso escolar 2022-2023 da Xunta: inicio o 8 de setembro en todas as etapas, adaptacións á Lei Celaá…

    A Xunta de Galicia vai propoñer este xoves 5 de maio na mesa sectorial que o vindeiro curso escolar 2022-2023 comece en todas as etapas o 8 de setembro. Desta maneira, deixaríase de comezar en datas diferentes dependendo da etapa.

    A Xunta di que este cambio realizaríase para “facilitar a conciliación laboral”. No documento remitido ás organizacións sindicais, a Xunta propón que as clases comecen o 8 de setembro (xoves) e rematen o 21 de xuño (mércores), exceptuando ás enainanzas de réxime especial que rematarían o 30 de xuño (venres). En segundo de bacharelato, as clases rematarían antes pola ABAU.

    Os períodos estivais serían os seguintes:

    • Nadal: Venres 23 de decembro – Domingo 8 de xañeiro.
    • Entroido: Luns 21, martes 22 e mércores 23 de febreiro.
    • Semana Santa: Sábado 1 de abril- Luns 10 de abril (incluído)

    Ademais, a avaliación da terceira avaliación, previa á final, na ESO terá lugar a partir do 5 de xuño.

  • Rompe unha tubaxe na 3ª Travesía de América

    Rompe unha tubaxe na 3ª Travesía de América

    Onte ao redor das 18.00h unha tubaxe rompía diante do número 9 da 3ª Travesía de América. Ata o lugar achegáronse operarios do Concello que se dispuxeron a arranxala. 1 hora despois o servizo de auga foi restablecido. Durante a mañá de hoxe cubriuse o burato con cemento.

    Este non é o primeiro caso na zona, pois polo Nadal outra tubaxe rompía na Rúa Forcarei.

  • Caelle un raio no coche mentras estaba no seu interior

    Os vídeos gravados polos veciños de Manzaneda reflicten a intensidade do pedrazo que caeu este mércores neste concello do Macizo Central ourensán.

    As treboadas concentráronse entre as tres e as 5 da tarde. A pedra corría polas rúas. Tamén na cidade de Ourense.

    En cuestión de horas, caeron preto de 600 raios en Galicia, a maior parte na provincia de Ourense, ocasionando cortes puntuais na subministración eléctrica.

    En Manzaneda, un raio fixo arder un coche mentras o piloto estaba no seu interior. Por sorte, caeu no lado do copiloto.

    Un veciño da zona, voluntario de Protección Civil de Manzaneda, foi o que sufocou as lapas.

  • Morre un mozo de 19 anos ao bater contra un poste en Carballo

    Un accidente mortal no concello coruñés de Carballo rematou coa vida dun mozo de 19 anos. O mozo estaba entrando en Carballo pola estrada que ven de Coristanco cando, segundo o que todo indica, perdeu o control do seu coche nunha curva aberta sen dificultades para trazala. O coche, un Seat León, arrincou un sinal de tráfico e tirou un poste de teléfono.

    Outro condutor que pasaba nese momento polo lugar do accidente foi o que avisou a emerxencias. Ata o lugar desprazouse un equipo sanitario, Garda Civil e os bombeiros de Carballo.

    Cando chegamos había só unha persoa, un vehículo involucrado cunha persoa dentro. Estaba atrapada. O médico fixo unha primeira valoración, pero para poder facer unha valoración máis completa tivémolo que sacar e xa certificou que a persoa estaba falecida. A verdade que moi atrapado non estaba, pero tivemos que sacar as dúas portas, porque o vehículo estaba totalmente envorcado”

    María Jesús Vilariño Díaz, xefa de Parque de Bombeiros de Carballo

    Tráfico investiga as causas do accidente e o cohe quedou esmagado.