A vaga de calor que está afectando a Galicia está favorecendo a aparición de incendios forestais en diferentes puntos da comunidade.
(máis…)Categoría: Galicia
-

ADEGA Ecoloxismo leva aos tribunais o parque eólico Campo das Rosas
A asociación ecoloxista ADEGA presentou un contencioso-administrativo contra a autorización da Xunta ao parque eólico Campo das Rosas. Tal e como recollen, nos montes da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro no que se queren instalar os eólicos existe un tipo de fento considerado en perigo de extinción, o Lycopodiella inundata, e hai turbeiras protexidas, que non apareceron nin no Estudo de Impacto Ambiental (EIA) nin na Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Ademais, os eólicos tamén se instalarían nos montes nos que se atopan os cabalos da Rapa das Bestas de Sabucedo.
Segundo ADEGA, as infraestruturas do parque eólico poderían provocar a desaparición dalgunhas turbeiras e modificaríase o fluxo da auga provocando unha importante alteración do réxime hídrico. Tamén, engaden, o licopodio das brañas – Lycopodiella inundata -, cuxa maior poboación atópase en ditos montes, podería chegar a desaparecer e a provocar a extinción da especie.
-

Declarado un incendio forestal en Silleda
Minutos antes das 18.00h declarouse un incendio forestal na parroquia de Laro, en Silleda. Ata o lugar desprazáronse 4 brigadas, 2 motobombas e o helicóptero de Silleda.
-
Intento de secuestro a unha menor en Teo
Unha menor de idade denunciou ante a Garda Civil un intento de secuestro sobre ás 21.00h do mércores 26, segundo lle confirmou a Benemérita a Europa Press.
Polo momento, o que se sabe é que dúas persoas terían intentado introducir á menor nun todoterreo verde. Os feitos producíronse en Montouto, preto do Plató 1000, no Concello de Teo.
Desde a Garda Civil confirmaron que se investigarán os feitos e piden precaución, pero tamén que non se caia na alarma.
-

Accidente con atrapados en Cerdedo-Cotobade
Sobre ás 19.30h o 112 recibiu un aviso dun accidente con atrapados en Pedre (Cerdedo-Cotobade). O vehículo caeu por un terraplén e, finalmente, os ocupantes conseguiron saír polo seu propio pé. Os accidentados foron atendidos polo 061. Ata o lugar tamén se desprazaron Emerxencias A Estrada, os Bombeiros de Silleda e Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.
Tal e como se mostra no mapa de incidencias do 112, o accidente produciuse na N-541, a poucos metros de onde este Nadal un autobús caeu ao río Lérez.

Ubicación do accidente. // 112 -

O mozo que agrediu a Rajoy acoitela a un xornalista de La Voz de Galicia
O xornalista Alfredo López Penide, xornalista da delegación de Pontevedra do xornal La Voz de Galicia, resultou ferido tras o ataque dun mozo na redacción do xornal. O autor, Andrés de Vicente Fuentes, presentouse na redacción e, visiblemente alterado, comezou a berrarlle a unha empregada que el era o mozo que agredira a Mariano Rajoy en 2015 e que ía a queixarse dunha publicación sacada polo xornal na que se informaba dunha nova condena do mozo. Tras isto, sacou un rodete de cociña e un coitelo e comezou a golpear os equipos informáticos da entrada.
A empregada fuxiu para refuxiarse nun supermercado próximo. Isto aproveitouno De Vicente para acceder á redacción, onde se atopaba traballando López Penide. O xornalista foi atacado, recibindo cortes no brazo e nunha man e unha picada no peito. López Penide conseguiu escapar do ataque para refuxiarse no mesmo supermercado que a súa compañeira.
Nese intre chegaron dúas redactoras e, ao ver que o atacante permanecía na redacción, aproveitaron para pechar por fóra para que non puidese saír ata a chegada da policía. Foi necesaria a intervención de seis axentes para que o agresor depuxese a súa actitude. Unha vez detido,foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
De Vicente Fuentes, con 17 anos, pegoulle unha puñada na cara ao expresidente do Goberno Mariano Rajoy nun acto de campaña electoral en 2015. No 2019 foi detido por golpear a un dirixente de VOX e, en 2020, volveu a ser detido, esta vez por agredir a un cliente dun bar de Ourense e, ademais, dirixiuse aos presentes coas palabras “ides morrer todos”.
Moitos medios de comunicación mostraron o seu apoio ao compañeiro de La Voz de Galicia agredido, entre os que se atopa o propio xornal.
Desde PHDnoticias temén queremos mostrar o noso apoio ao xornalista.
-

Así será a Rapa das Bestas 2023
Este xoves comeza unha nova edición da Rapa das Bestas de Sabucedo. Este evento que atrae a persoas de todo o planeta alongaráse ata o luns cun programa repleto de actividades.
O xoves celebraráse ás 21.00h unha gala na honra dos aloitadores. O venres celebraráse unha misa na honra de San Lourenzo ás 6.30 da mañá. Ás 7.00 sairáse desde o Celeiro a buscar ás bestas, e regresaráse ás 17.30h.
O sábado recolleránse as bestas no Castelo ás 11.00h e chegarán a Sabucedo ás 14.00h. Ás 19.00 celebraráse o primeiro curro. Ás 12.00h do domingo será o segundo curro e, o luns á mesma hora, o terceiro.
Paralelamente á Rapa celébrase o Rapasons. O venres estarán a Tralha da Terra de Montes (pasarrúas ás 20.00h), Sheila Patricia, Balkan Bomba, Brinkadelia Troupe e Funkiwis (23.00h).
O sábado actuarán Udra (Palco da Fonte, 14.30h), Fanfarria Taquikardia (Palco da Fonte, 16.00h), Tequexetéldere (Curro, 18.30h), Mekánika Rolling Band (21.00h), La Banda de Ayer e Flavia Blanco Show (Campo do Medio, 23.00h).
O domingo será o turno de Gabi Reboredo (Curro, 11.30h) e Festicultores Troupe (14.00h). Ás 16.30 dará inicio un festival no Palco da Fonte coas Pandereteiras do Val de Quireza, Polo Correo do Vento, Pakolaas e Catuxa Salom. Pola noite, verbena no Campo do Medio da man de Miramar e Dolce Vita. Airiños de Caldelas actuará nos tres curros e polo pobo durante toda a fin de semana.

Cartaz do Rapasons 2023. // Rapa das Bestas Como todos os anos, ponse a disposición dos asistentes un autobús para chegar a Sabucedo. O autobús sae do Concello e para na Consolación e en Codeseda antes de chegar a Sabucedo.
O venres sae ás 21.00 da Estrada e a volta realízase ás 5.00. O sábado a primeira saída dirección Sabucedo produciráse ás 16.30 e, a segunda, ás 22.30. Os regresos realizaránse ás 21.30 e ás 5.00. O domingo a partida produciráse ás 11.00 e o regreso, ás 17.00.
-

Coñece as datas e horarios claves nas ABAU
Un total de 12788 estudantes de toda Galicia enfrontaránse este 6, 7 e 8 de xuño ás ABAU. Preto de 11000 realizarán a parte obrigatoria e optativa nalgunha das 36 comisións delegadas. O groso de estudantes fará as probas nas principais cidades universitarias (A Coruña e Vigo cuns 2800 estudantes cada unha, e Santiago, cun 2400), pero tamén haberá centros nas facultades de Lugo, Ourense e Pontevedra (entre 1000 e 1500 estudantes cada unha), Ferrol (800 estudantes), na Mariña (145 estudantes), en Fisterra (129) e en Valdeorras (123).
Horarios dos exames
Habitualmente os exames obrigatorios realizábanse o primeiro día, pero este ano repártense entre o primeiro e o segundo. Todas as probas duran 1 hora e media.
HORARIO 6 DE XUÑO 7 DE XUÑO 8 DE XUÑO MAÑÁ 9.00 Presentación introdutoria
10.00 Exame de HISTORIA DE ESPAÑA
12.00 Exame LINGUA CASTELÁ E LITERATURA II9.00 Exame LINGUA GALEGA E LITERATURA II
11.00 Exame de PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA (a elixir entre inglés, francés, alemán, portugués e italiano)
13.00 Exames de MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II e FUNDAMENTOS DA ARTE II9.00 Exames de BIOLOXÍA e HISTORIA DA ARTE
11.00 Exames de FÍSICA, XEOGRAFÍA e CULTURA AUDIOVISUAL II
13.00 Exames de XEOLOXÍA e HISTORIA DA FILOSOFÍATARDE 16.00 Exames de MATEMÁTICAS II e LATÍN II
18.00 Exames de ECONOMÍA DA EMPRESA e DESEÑO16.30 Exames de QUÍMICA e GREGO II
18.30 Exames de DEBUXO TÉCNICO II, ARTES ESCÉNICAS e SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRAOs estudantes recibirán as notas entre o 15 e o 16 de xuño. Unha vez coñecidas as notas, abriráse un período de catro días para solicitar revisións. Tras coñecerse os resultados das peticións, abriráse o prazo de matriculación nas universidades, xa en xullo.

