Categoría: Galicia
-

ELECCIÓNS 28M| Aumenta a participación ata as 14.00h
A participación nas eleccións municipais ás 14h era do 36,7%, un 1,6% máis que nos comicios de 2019. En Galicia a participación situábase no 35,57%, un 1,37% máis que nos pasados comicios municipais.
Nos municipios de Melilla, Mojácar e Albudeite, que foron centro da actualidade electoral polos casos de compra de votos, a participación descendeu.
-

A Policía Local frustra un intento de suicidio en Ancorados
A Policía Local da Estrada frustrou esta fin de semana o intento de suicidio dunha muller duns cuarenta anos en San Pedro de Ancorados. A voz de alarma foi dada polos veciños, que escoitaron os berros do marido.
Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local que se atopaba de servizo e, ando chegaron, viron á muller intentando cortarse o pescozo cun coitelo de grandes dimensións. Os axentes conseguiron quitarlle o coitelo. A muller saiu ilesa e foi trasladada ao hospital.
O marido, ao parecer, atopábase baixo os efectos do alcol e caera polas escaleiras.
Este non foi o primeiro intento de suicidio da muller. Fai 15 días intentara facelo disparándose na boca cunha escopeta de balíns, que lle causaran lesións no paladar.
024
Teléfono de prevención de suicidios