Categoría: Galicia

  • A RAG inclúe 400 novas acepcións ao dicionario e estrea aplicación

    A RAG inclúe 400 novas acepcións ao dicionario e estrea aplicación

    As últimas incorporacións ao Dicionario son froito do traballo de revisión constante desta ferramenta fundamental da lingua galega que realizan os membros do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega. Parte delas responde ademais ao diálogo que se establece cos usuarios e usuarias, que poden enviar as súas suxestións a través da lapela “Axúdanos a mellorar”. Entre elas figuran neoloxismos como idadismo e idadista, que se refiren á discriminación contra persoas ou colectivos por razóns de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores;  cis e trans, formas abreviadas de cisxénero e transxénero, que xa contaban con cadansúa entrada; deporte electrónico, que nomea a competición de videoxogos entre dous ou máis usuarios, fundamentalmente cando é practicada por profesionais e conta con moitos espectadores; ou aeroxerador, dispositivo que converte a enerxía cinética producida polo vento en enerxía eléctrica.

    A crecente preocupación polo cambio climático está tamén coa entrada da voz antropoceno e das locucións quecemento global e efecto invernadoiro

    Outras palabras designan produtos de uso cotián na cociña como alfábega, a forma galega para se referir á planta aromática Ocimum basilicum, ou de crecente popularidade, como a alfarroba, froito cuxo consumo se está a estender como substituto do cacao.

    Hai tamén actualizacións que completan familias léxicas e que, malia seguiren as regras de formación de palabras propias do galego por sufixación, son motivo de consultas recorrentes por parte dos usuarios do Dicionario. Son así xa lemas do Dicionario expendedoríalexibilidadesegredismosolteiríaprocedementalactitudinalcompetitividademasaxeartitorizar ou versionar.

    Outro grupo de palabras que entran no Dicionario está formado por estranxeirismos como mandalazápping ou jacuzzi, e tampouco faltan voces de vocabularios especializados pero de uso estendido por distintos motivos como incomparecenciapeticionar ou trabar embargamento ou embargo, no caso do léxico xurídico; ou de escoada, sinónimo de coada, e delta lávico, dous termos máis que se suman a outras incorporacións derivadas da revisión que propiciou a erupción do volcán de La Palma no ano 2021.

    Novas acepcións: de “crocante” a “transportador”

    Outra novidades refírense a novas acepcións que se engaden a lemas que figuraban no Dicionario. É o caso de crocante que, ademais do significado xa rexistrado de caramelo ou xeado con cachiños de améndoa, incorpora o de alimento que fai ruído ao mordelo e mastigalo; de compoñedor, -a, que lle suma ao de curandeiro, -a o de persoa que pon de acordo dúas o máis partes que están enfrontadas por algún desacordo; e o de transportador, cunha nova referida ao receptáculo utilizado para o transporte de animais domésticos pequenos.

    A RAG estrea aplicación

    Ademais, a partir de agora pódese consultar o dicionario a través da aplicación da RAG. Esta aplicación está dispoñible para Android e iOs.

  • Terremoto de 3,8 graos fronte a ría de Muros-Noia

    Terremoto de 3,8 graos fronte a ría de Muros-Noia

    O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou un terremoto de magnitude 3,8 na escala de Richter fronte á ría de Muros-Noia. O sismo produciuse ás 3.45 horas desta madrugada, tivo unha profundidade de 19 quilómetros e produciuse a 30 quilómetros da costa.

    O tremor non provocou nin incidencias nin chamadas ao 112.

  • Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

    Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

    Varias localidades e institucións vestíronse de loito polas sete vítimas mortais do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade.

    A vítima máis nova, de 21 anos, era unha promesa do boxeo galego. Trátase de Eneas Valverde Ruibal, un veciño de Nigrán que regresaba a casa desde Lugo, onde estudaba. O Concello decretou 3 días de loito oficial.

    Outros dous dos falecidos son nai e fillo. Falamos de Cruz Castro Eiras -unha xubilada que traballou nunha pastelería- e Jaime Val Castro. Ambos residían en Lalín pero eran naturais de Agolada.

    De Agolada tamén era María Mercedes Castro Blanco, de 58 anos. Era unha gandeira xa xubilada e exmuller dun concelleiro do PP da localidade.

    A educación vistiuse de loito por Guadalupe Díaz González, de 44 anos. Era natural de Lugo, pero residía en Lalín. Tiña dous fillos de 8 e 5 anos e impartía clases de lingua castelá e literatura no IES Número 1 do Carballiño, onde comezara este ano, aínda que tamén formou alumnos en Lalín, nos IES Laxeiro e Ramón María Aller Ulloa.

    A sexta vítima é Edit, unha muller peruana residente en Soutomaior que collera o autobús na parada anterior ao accidente porque saíra de traballar da vivenda na que coidaba a unha persoa maior.

    Da sétima vítima, rescatada esta mañá, só se sabe que se trata dunha muller duns 50 anos que acompañaba á sobrevivinte.

    Os Concellos de Nigrán, Agolada, Lalín e Cerdedo-Cotobade decretaron varios días de loito oficial e as bandeiras ondean a media asta.

    Todas as familias dos falecidos recibiron apoio psicolóxico

  • Atópase un terceiro cadáver no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Atópase un terceiro cadáver no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Os operativos de emerxencias desprazados ata Pedre en Cerdedo-Cotobade polo accidente no que un autobús caiu ao río Lérez acaban de atopar un terceiro corpo polo que pasan a ser 3 os mortos, 2 os desaparecidos e 2 os rescatados con vida.

    Noticias relacionadas:

    2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobús ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade

    Retomada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

  • Reanudada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Reanudada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Esta mañá retomouse a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús que se produciu onte á noite en Cerdedo-Cotobade: nel un autobús pertencente á empresa Monbus precipitouse ao río Lérez ao seu paso por Pedre. A busca foron suspendida onte á noite polas malas condicións que se rexistraban: “Un elevado caudal do río Lérez, moita corrente e un nivel de auga no interior do autocar que xa tocaba o teito do vehículo”.

    Durante a noite conseguiuse rescatar con vida ao condutor do vehículo, C. M. C., de 63 anos, e a unha muller, M. R. G. R. Ambos foron trasladados aos hospitais Clínico de Santiago e Montecelo, respectivamente. Ademais, tamén se atoparon os corpos de outros dous ocupantes.

  • ÚLTIMA HORA: Alomenos 2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobúas ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade

    ÚLTIMA HORA: Alomenos 2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobúas ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade

    Alomenos 2 persoas morreron e 3 están desaparecidas tras a caída dun autobús ao río Lérez ao seu paso por Cerdedo-Cotobade.

    O accidente tivo lugar sonre ás 21.35 horas deste sábado, cando un autobús da empresa Monbus da liña regular entre Lugo e Vigo caiu ao río á altura do quilómetro 67,5 da N-451, na parroquia de Pedre.

    Os bombeiros puideron rescatar con vida ao condutor do vehículo e a unha muller, mentras atopouse a dúas persoas falecidas e tres persoas atópanse desaparecidas.

    Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, Bombeiros do Deza, Bombeiros de Pontevedra, Bombeiros de Ribadumia, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e ambulancias do 061.

  • Dous detidos por unha brutal pelexa en Ourense

    Pasadas as doce da noite no barrio do Couto en Ourense, unha pelexa rompía a serenidade nocturna. Nun vídeo grabado desde unha fiestra pódese ver como un home comeza a pegarlle unha malleira a outro. Mentras, unha terceira persoa intenta mediar cunha pistola na man.

    Pero as cousas tornaron e o que estaba sendo agredido pegoulle unha malleira superior ao primeiro agresor e o mediador uniuse.

    Cando chegou a Policía Local, atoparon a un home no chan, con feridas sobre todo na cabeza. O home foi trasladado ao hospital. Trátase dun veciño de Oirense de 35 anos.

    Un dos implicados, un ourensán de 32 anos, foi detido na mesma noite. O outro, un homa de nacionalidade romanesa de 25 anos, colleuno a Policía Local o día seguinte, seguindo as indicacións dunha testemuña.

    A arma que se ve no vídeo, supostamente falsa, aínda non apareceu.

  • Tírase abaixo a cheminea de refrixeración da central térmica de Meirama poñendo fin a 40 anos de historia

    Tírase abaixo a cheminea de refrixeración da central térmica de Meirama poñendo fin a 40 anos de historia

    11 minutos despois das 3 da tarde, unha voadura controlada tiraba abaixo a icónica cheminea de refrixeración de Meirama, poñendo fin a 40 anos de servizo desta torre no concello de Cerceda.

    Para levar a cabo a voadura levouse a cabo un amplo dispositivo de seguridade no que se incluíron peches de estradas, un perímetro de seguridade de 250 metros e o desaloxo das vivendas que se atopaban dentro do perímetro de seguridade. A voadura levouse a cabo, tal e como informa a compañía, coas máximas medidas de seguridade, o mínimo impacto medioambiental e en cumprimento da normativa vixente.

    A cheminea foi un emblema que formou parte durante décadas da paisaxe da comarca e que mantivo durante 40 anos, de 1980 a 2020, unha actividade ininterrompida. 

    A torre de formigón medía 126 metros de altura e tiña un diámetro de 72 metros na base e de 48 na cima.

    Tras a derruba da torre de refrixeración, o seguinte paso será derrubar a outra gran cheminea, de 204 metros de altura. Este paso está previsto que se realice nos vindeiros meses.

    Despois, Naturgy planea revitalizar a zona da central térmica cunha nova planta que produza combustible de hidróxeno.

  • Situación esperanzadora para os estradenses atrapados no Perú

    Situación esperanzadora para os estradenses atrapados no Perú

    Os estradenses atrapados no Perú polas manifestacións que se están a suceder no país teñen esperanzas de regresar nos vindeiros días a España.

    Tania Míguez, Luis Ángel Carbia, Tania Domínguez e Yago Saborido realizaron unha camiñata de 10 horas polas vías do tren desde Aguas Calientes ata Ollantaytambo. Desde alí, e grazas á colaboración local, puideron chegar a Cuzco, onde teñen o hotel.

    A intención dos estradenses é coller mañá un avión entre Cuzco e Lima – ao parecer o tráfico aéreo interno xa se retomou- e o luns coller o avión que os levará desde a capital peruana ata Madrid.

    Os mozos agradecen a colaboración do Departamento de Emigración da Xunta de Galicia e do alcalde da Estrada, José López Campos, que estiveron en contacto con eles “en todo momento”.

  • A construción do novo barrio da Estrada tirará abaixo 4 casas

    A construción do novo barrio da Estrada tirará abaixo 4 casas

    Tras unha semana de reunións con 41 propietarios de fincas, o Concello desvelou que o desarrollo da Avenida de América tirará abaixo 4 vivendas (2 delas habitadas). Por iso, a última reunión de onte foi cos propietarios das vivendas.

    As vivendas atópanse no Camiño da Caldesiña (o camiño que vai entre a rúa Antón Losada Diéguez e o Cruceiro). No marxe esquerdo da rúa hai unha casa de pedra habitada e, no dereito, hai 3 vivendas (1 alugada e 2 deshabitadas). As 4 edificacións serán derrubadas para a construción dun vial que comezará no Cruceiro e para o que tamén haberá que derrubar parte dun muro de pedra para dirixirse á Travesía de América.

    Gonzalo Louzao, edil de urbanismo, explicou aos propietarios que o valor das súas vivendas determinaráse en función do valor de construción actual e o seu estado de conservación (o que faría unha inmobiliaria para vender a vivenda). Louzao explicou que non hai maneira posible de manter ditas edificacións no proxecto e que o derrubamento vén marcado xa polo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Xa no PXOM se prohibira a comstrución de novas vivendas na zona.

    Tampouco serán as únicas perdas de terreo neste proxecto, pois os propietarios de edificios que teñen fachada na Avenida de América perderán prácticamente por completo a finca traseira que teñen.

    Así será o desarrollo da Avenida de América

    Plano do desarrollo

    O desarrollo da Avenida de América será o segundo desarrollo baixo o amparo do PXOM e o primeiro de promoción pública (o outro, o da Avenida de Pontevedra, é de promoción privada). O proxecto xa vai con anos de demora.

    Nel, ampliaránse as rúas Forcarei e Cerdedo (a do Mister Pizza e a paralela), completaránse a rúa Bernardo Rodríguez e a 2ª Travesía de América e haberá un vial de servizo por detrás das vivendas traseiras da Avenida de América. Tamén se proxecta unha alameda de 15 metros de ancho, zonas para edificar con 3 plantas e baixo cuberta e, no terreo que se ía empregar para a construción do novo centro de saúde (finalmente construído na Baiuca), poderíase crear un parque mantendo a área boscosa actual.

    Os trámites administrativos durarían entre 3 e 4 anos e, despois, comezaría a comstrución deste proxecto.

    Imaxe: Faro de Vigo