Cando se estreou a alameda podíase bromear con que o chan era o lugar perfecto para os graffitis e, agora xa é unha realidade. A última praza do parque amenceu onte cunha declaración de amor a “A”. Unha declaración de amor escrita en negro, para que destaque ben entre tanto branco da alameda.
A esta nova só lle queda engadir unha mensaxe a “A”, pois hai algúen namorado ou namorada del ou dela.
O 15 de outubro de 2017 o lume chegaba a Vigo cidade. Ringleiras de persoas axudaban con caldeiros na extinción das lapas dun incendio que calcinou 600 hectáreas de arboredo.
A mancomunidade de Valadares levaba 30 anos traballando para construir un anel verde de 50 quilómetros. O seu presidente lembra como tivo que desaloxar algunhas persoas que facían fotos no montte aquela noita e logo fuxir correndo das lapas.
No acto conmemorativo estivo o director xeral de ordenación forestal, que dixo ter a man tendida para apoiar a mancomunidade na xestión do monte.
Tamén gabou a xestións dos montes de Vigo, dos que goza moita cidadanía. A representante municipal Uxía Blanco leu un poema de Serrat co que lembrou que sen árbores e sen abellas non haberá mel.
GUÍA BÁSICA PARA ENTENDER OS INCENDIOS FORESTAIS (artigo PHD) Un venres 13 de outubro no ano 2017 comezaba a última vaga de incendios de importancia. Ao mediodía do domingo 15 había 140 incendios activos (60 máis que a primeira hora). Producíronse cambios brusco do vento por culpa dos restos do furacán Ophelia. Os municipios máis afectados foron os de Pazos de Borbén, As Neves, Salvaterra de Miño, Baiona e Gondomar. O lume chegou á cidade de Vigo, onde os veciños fixeron cadeas humanas para parar os efectos do lume. Ademais houbo que despregar medios para evitar que entraran máis lumes desde Portugal. Na vaga de incendios faleceron 2 persoas en Chandebrito (Nigrán) intentado fuxir das lapas, outra en Vigo e unha última en Carballeda de Avia. Ler entrada completa
A Policía Nacional está inspeccionando os dous xulgados de Santiago de Compostela e a Cidade da Cultura por “ameaza de bomba”.
Fontes do alto tribunal confirmaron que a Policía Nacional “avisou ao xuíz decano de Santiago de Compostela dunha chamada cunha ameaza de bomba”, polo que o maxistrado “tomou inmediatamente a decisión de desaloxar os dous edificios xudiciais de Santiago ata que os Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos (Tedax) inspeccionen ambos os inmobles”.
Ademais, a zona da Cidade da Cidade da Cultura habilitada para o xuízo do Alvia “tamén está a ser inspeccionada, ao considerarse agora consinto sede xudicial”, xa que desde esta semana é a sala de vistas máis grande de Galicia preparada para o macroxuízo polo descarrilamento do tren.
Tamén se desaloxou o vacinódromo que abriu hoxe na Cidade da Cultura.
Hoxe ás 22.50 horas emitiráse en Cuatro o programa Volando Voy, que presenta Javier Calleja. Nel, visitará a Rapa das Bestas de Sabucedo e entrevistará a persoeiros importantes do concello como Chelo do Rejo.
Amigos martes día 4 de octubre a las 22.45h en @cuatro por favor no os perdáis el estreno de la nueva temporada de "Volando Voy" es de lo mejor que hice en TV!! buenisimooooo pic.twitter.com/T0uVtToHF0
Unha das cousas que habituamos a facer cando imos ir a un sitio é mirar as reseñas. E sempre cabe a posibilidade de atoparse con algunha máis que curiosa.
É o caso dunha sobre as Termas A Chavasqueira (Ourense). A opinión publicouse en TripAdvisor e recolleuna en Twitter a conta Fodechinchos en Galiza (@FodechinchosG). Nela podemos ler como unha madrileña di que lle gustou “que quentaran un pouco a auga” porque “ao estar no norte, isto tería que estar conxelado”.
Como era de agardar, as reaccións non se fixeron esperar e a xente cuestionou a intelixencia da internauta e tamén se bromeou con como se quenta a auga.
O helicóptero que se desprazou ata o Concello. LA VOZ DE GALICIA
Sobre as 16h aterraba un helicóptero na Praza do Concello para trasladar a un mozo estradense ferido por arma blanca. Os feitos tiveron lugar no edificio da ruela da rúa Xusto Martínez, sobre as tres da tarde. Ata o lugar dos feitos desprazáronse equipos médicos acompañados da Policía Local e a Garda Civil. Segundo testigos, tres cuartos de hora despois saíron do edificio cun home ferido que tivo que ser desprazado en cadeira de rodas dado que era imposible manexar unha camilla no interior do edificio. O home presentaba vendaxes na garaganta e no peito. En principio o ferido estaba estable e non se temía pola súa vida, e foi desprazado ata o Clínico de Santiago.
A Garda Civil investigou se as feridas por arma branca foron causadas por un accidente, se son autolesións ou se se trata dunha agresión. Finalmente determinouse que se trataban de autolesións
Un home de 43 anos correspondente ás iniciais C.P.G. e veciño do concello da Estrada, resultou ferido de extrema gravidade despois de caer desde unha altura duns 20 ou 25 metros. Ao parecer, o home estaba recollendo un dron que quedara enganchado nun eucalipto o pasado martes cando a cesta do brazo hidráulico rompeu por causas que aínda se decoñecen.
O suceso foi nas proximidades do polígono de Xarás, en Ribeira, nas inmediacións da rotonda do final da Autovía do Barbanza. A vítima estaba traballando nunha empresa de enxeñaría nuns traballos vinculados coa futura instalación do McDonalds na zona.
A caída produciuse sobre ás 16:45h. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia indicaron que recibiron unha chamada da Policía Local, que pedía asistencia médica urxente para un operario que caira desde varios metros de altura. Ata o lugar desprazáronse tamén unha ambulancia Soporte Vital Básico (SVB) con equipo médico do PAC de Ribeira e o helicóptero medicalizado H3 do 061, onde desprazaron ao accidentado ata o Hospital Clínico de Santiago. Alí confirmaron que o home de 43 anos sufriu varias fracturas.
Onte comezou a Volta a Portugal cun prólogo por Lisboa. O percorrido era completamente chá por Lisboa.
Prólogo. Volta a Portugal
A loita contra o crono gañouna o portugués Rafael Reis (GLASSDRIVE / Q8 / ANICOLOR) cun tempo de 6 minutos 11 segundos. En segunda posición quedou o seu compañeiro de equipo e compatriota Mauricio Moreira, a 9 segundos. O podio conformouno o inglés do Trinity Racing Oliver Rees, co mesmo tempo que Moreira.
A 24 segundos quedou o estradense Alexandre Marque. Atópase 32° na xeral. Na recta final do prólogo tivo un problema co radio da bicicleta, que tal e como declarou á RTP, tivo que colocalo el. Aínda así, non tivo oportundidadd de victoria.
Álex Marque. RTP
A etapa de hoxe sairá de Vila Franca de Xira e percorrerá 193km ata chegar a Elvas. As únicas dificultades coas que se atopará o pelotón serán varios repeitos e dous portos de cuarta categoría.