Etiqueta: 016
-

Un garda civil mata á súa exparella en Bruxelas
Un garda civil asasinou hoxe en Bruxelas á sua exparella, unha enfermeira vallisoletana de 23 anos.
O home desprazouse á capital belga para intentar volver coa súa exparella, que residía nesa cidade. Ante a negativa da muler, matouna, segundo parece, cunha arma branca e, posteriormente, intentou suicidarse tirándose por unha ventá. A vítima chamábase Teresa Rodríguez Llamazares e era filla dun funcionario municipal do Concello de Valladolid, Juan Rodríguez, que se xubilaba este venres, segundo informou o Consistorio.

O Concello de Valladolid convocou un minuto de silencio e o alcalde como o resto da corporación concentráronse na Praza Maior para expresar a súa solidariedade co funcionario municipal e manifestar a repulsa pola morte violenta da súa filla.
-

En estado crítico a muller ferida polo seu marido en Carballo
No lugar de Sísamo, en Carballo, un home supostamente feriu de gravidade á súa muller. Pouco antes das tres da madrugada os veciños alertaron aos servizos de emerxencia despois de escoitar ruídos.
No exteriior da vivenda atoparon á muller de 43 anos inconsciente e con sangue e feridas visibles na cabeza, supostamente causadas polo seu marido. Actualmente atópase en estado críttico.
Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias e persoal sanitario do PAC de Carballo. A muller foi trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC), onde permanece ingresada na UCI.
Fontes da Garda Civil informan de que o suposto autor foi detido cando ía entregarse arredor das 10:15h, no control de entrada da Comandancia da Coruña.
Ao longo da mañá, o home foi trasladado desde A Coruña ata o cuartel da Garda Civil en Carballo, onde axentes da policía xudicial se fixeron cargo da investigación.
Parella con fillos
A parella ten dous fillos menores de idade, que no momento da agresión atopábanse no interior da vivenda. Os bombeiros acceder ao interior desta para facerse cargo deles. Máis tarde, os dous quedaron baixo custodia temporal dos avós.
Denuncia previa
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confimou unha denuncia contra o detido de haii una ano por vexacións e insultos, pero non había orde de afastamento.
O alcalde de Carballo desexou que a evolución médica da vítima “sexa favorable” e tamén informou de que a vítima rechazara anteriormente asistencia do centro municipal da información á muller.
Lembre que o 016 é o teléfono de atención a vítimas da violencia machista e que non deixa rastro na factura telefónica.



