Etiqueta: 061

  • Un ciclista ferido de consideración nun accidente en Cereixo

    Un ciclista de 71 anos resultou ferido de consideración ao bater cun coche en Cereixo esta tarde. O home, residente en Pernaviva, foi trasladado ao centro de saúde e, posteriormente, ao hospital Clínico de Santiago.

  • Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

    Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

    Varias localidades e institucións vestíronse de loito polas sete vítimas mortais do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade.

    A vítima máis nova, de 21 anos, era unha promesa do boxeo galego. Trátase de Eneas Valverde Ruibal, un veciño de Nigrán que regresaba a casa desde Lugo, onde estudaba. O Concello decretou 3 días de loito oficial.

    Outros dous dos falecidos son nai e fillo. Falamos de Cruz Castro Eiras -unha xubilada que traballou nunha pastelería- e Jaime Val Castro. Ambos residían en Lalín pero eran naturais de Agolada.

    De Agolada tamén era María Mercedes Castro Blanco, de 58 anos. Era unha gandeira xa xubilada e exmuller dun concelleiro do PP da localidade.

    A educación vistiuse de loito por Guadalupe Díaz González, de 44 anos. Era natural de Lugo, pero residía en Lalín. Tiña dous fillos de 8 e 5 anos e impartía clases de lingua castelá e literatura no IES Número 1 do Carballiño, onde comezara este ano, aínda que tamén formou alumnos en Lalín, nos IES Laxeiro e Ramón María Aller Ulloa.

    A sexta vítima é Edit, unha muller peruana residente en Soutomaior que collera o autobús na parada anterior ao accidente porque saíra de traballar da vivenda na que coidaba a unha persoa maior.

    Da sétima vítima, rescatada esta mañá, só se sabe que se trata dunha muller duns 50 anos que acompañaba á sobrevivinte.

    Os Concellos de Nigrán, Agolada, Lalín e Cerdedo-Cotobade decretaron varios días de loito oficial e as bandeiras ondean a media asta.

    Todas as familias dos falecidos recibiron apoio psicolóxico

  • Atópase un terceiro cadáver no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Atópase un terceiro cadáver no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Os operativos de emerxencias desprazados ata Pedre en Cerdedo-Cotobade polo accidente no que un autobús caiu ao río Lérez acaban de atopar un terceiro corpo polo que pasan a ser 3 os mortos, 2 os desaparecidos e 2 os rescatados con vida.

    Noticias relacionadas:

    2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobús ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade

    Retomada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade

  • Reanudada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Reanudada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Esta mañá retomouse a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús que se produciu onte á noite en Cerdedo-Cotobade: nel un autobús pertencente á empresa Monbus precipitouse ao río Lérez ao seu paso por Pedre. A busca foron suspendida onte á noite polas malas condicións que se rexistraban: “Un elevado caudal do río Lérez, moita corrente e un nivel de auga no interior do autocar que xa tocaba o teito do vehículo”.

    Durante a noite conseguiuse rescatar con vida ao condutor do vehículo, C. M. C., de 63 anos, e a unha muller, M. R. G. R. Ambos foron trasladados aos hospitais Clínico de Santiago e Montecelo, respectivamente. Ademais, tamén se atoparon os corpos de outros dous ocupantes.

  • Trasladan en helicóptero a un mozo da Estrada ferido por arma branca

    O helicóptero que se desprazou ata o Concello. LA VOZ DE GALICIA

    Sobre as 16h aterraba un helicóptero na Praza do Concello para trasladar a un mozo estradense ferido por arma blanca. Os feitos tiveron lugar no edificio da ruela da rúa Xusto Martínez, sobre as tres da tarde. Ata o lugar dos feitos desprazáronse equipos médicos acompañados da Policía Local e a Garda Civil. Segundo testigos, tres cuartos de hora despois saíron do edificio cun home ferido que tivo que ser desprazado en cadeira de rodas dado que era imposible manexar unha camilla no interior do edificio. O home presentaba vendaxes na garaganta e no peito. En principio o ferido estaba estable e non se temía pola súa vida, e foi desprazado ata o Clínico de Santiago.

    A Garda Civil investigou se as feridas por arma branca foron causadas por un accidente, se son autolesións ou se se trata dunha agresión. Finalmente determinouse que se trataban de autolesións

  • Ferido grave un estradense despois de caer desde 20 metros de altura en Ribeira

    Ferido grave un estradense despois de caer desde 20 metros de altura en Ribeira

    Un home de 43 anos correspondente ás iniciais C.P.G. e veciño do concello da Estrada, resultou ferido de extrema gravidade despois de caer desde unha altura duns 20 ou 25 metros. Ao parecer, o home estaba recollendo un dron que quedara enganchado nun eucalipto o pasado martes cando a cesta do brazo hidráulico rompeu por causas que aínda se decoñecen.

    O suceso foi nas proximidades do polígono de Xarás, en Ribeira, nas inmediacións da rotonda do final da Autovía do Barbanza. A vítima estaba traballando nunha empresa de enxeñaría nuns traballos vinculados coa futura instalación do McDonalds na zona.

    A caída produciuse sobre ás 16:45h. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia indicaron que recibiron unha chamada da Policía Local, que pedía asistencia médica urxente para un operario que caira desde varios metros de altura. Ata o lugar desprazáronse tamén unha ambulancia Soporte Vital Básico (SVB) con equipo médico do PAC de Ribeira e o helicóptero medicalizado H3 do 061, onde desprazaron ao accidentado ata o Hospital Clínico de Santiago. Alí confirmaron que o home de 43 anos sufriu varias fracturas.

  • En estado crítico a muller ferida polo seu marido en Carballo

    En estado crítico a muller ferida polo seu marido en Carballo

    No lugar de Sísamo, en Carballo, un home supostamente feriu de gravidade á súa muller. Pouco antes das tres da madrugada os veciños alertaron aos servizos de emerxencia despois de escoitar ruídos.

    No exteriior da vivenda atoparon á muller de 43 anos inconsciente e con sangue e feridas visibles na cabeza, supostamente causadas polo seu marido. Actualmente atópase en estado críttico.

    Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias e persoal sanitario do PAC de Carballo. A muller foi trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC), onde permanece ingresada na UCI.

    Fontes da Garda Civil informan de que o suposto autor foi detido cando ía entregarse arredor das 10:15h, no control de entrada da Comandancia da Coruña.

    Ao longo da mañá, o home foi trasladado desde A Coruña ata o cuartel da Garda Civil en Carballo, onde axentes da policía xudicial se fixeron cargo da investigación.

    Parella con fillos

    A parella ten dous fillos menores de idade, que no momento da agresión atopábanse no interior da vivenda. Os bombeiros acceder ao interior desta para facerse cargo deles. Máis tarde, os dous quedaron baixo custodia temporal dos avós.

    Denuncia previa

    O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confimou unha denuncia contra o detido de haii una ano por vexacións e insultos, pero non había orde de afastamento.

    O alcalde de Carballo desexou que a evolución médica da vítima “sexa favorable” e tamén informou de que a vítima rechazara anteriormente asistencia do centro municipal da información á muller.

    Lembre que o 016 é o teléfono de atención a vítimas da violencia machista e que non deixa rastro na factura telefónica.