Etiqueta: 112

  • Reanudada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Reanudada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

    Esta mañá retomouse a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús que se produciu onte á noite en Cerdedo-Cotobade: nel un autobús pertencente á empresa Monbus precipitouse ao río Lérez ao seu paso por Pedre. A busca foron suspendida onte á noite polas malas condicións que se rexistraban: “Un elevado caudal do río Lérez, moita corrente e un nivel de auga no interior do autocar que xa tocaba o teito do vehículo”.

    Durante a noite conseguiuse rescatar con vida ao condutor do vehículo, C. M. C., de 63 anos, e a unha muller, M. R. G. R. Ambos foron trasladados aos hospitais Clínico de Santiago e Montecelo, respectivamente. Ademais, tamén se atoparon os corpos de outros dous ocupantes.

  • Ferido grave un estradense despois de caer desde 20 metros de altura en Ribeira

    Ferido grave un estradense despois de caer desde 20 metros de altura en Ribeira

    Un home de 43 anos correspondente ás iniciais C.P.G. e veciño do concello da Estrada, resultou ferido de extrema gravidade despois de caer desde unha altura duns 20 ou 25 metros. Ao parecer, o home estaba recollendo un dron que quedara enganchado nun eucalipto o pasado martes cando a cesta do brazo hidráulico rompeu por causas que aínda se decoñecen.

    O suceso foi nas proximidades do polígono de Xarás, en Ribeira, nas inmediacións da rotonda do final da Autovía do Barbanza. A vítima estaba traballando nunha empresa de enxeñaría nuns traballos vinculados coa futura instalación do McDonalds na zona.

    A caída produciuse sobre ás 16:45h. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia indicaron que recibiron unha chamada da Policía Local, que pedía asistencia médica urxente para un operario que caira desde varios metros de altura. Ata o lugar desprazáronse tamén unha ambulancia Soporte Vital Básico (SVB) con equipo médico do PAC de Ribeira e o helicóptero medicalizado H3 do 061, onde desprazaron ao accidentado ata o Hospital Clínico de Santiago. Alí confirmaron que o home de 43 anos sufriu varias fracturas.