Etiqueta: a coruña
-

A quen votar este 23X
Este domingo 23 de xullo celébranse comicios estatais en España. Dependendo de en que provincias vivas poderás votar a uns partidos distintos que en outras – ben porque uns non se presentaron ou porque a súa candidatura foi desestimada pola Xunta Electoral Central. A continuación podes ver a que partidos podes votar segundo en que provincia galega residas.
A Coruña
- PSDEG-PSOE. Cabeza de lista: José Manuel Miñones Conde.
- Frente Obrero. Cabeza de lista: Eva Morata Segrera.
- PP. Cabeza de lista: Miguel Ángel Tellado Filgueira.
- Soberanía ciudadana. Cabeza de lista: Yanaisy Solís Galindo.
- BNG. Cabeza de lista: Néstor Rego Candamil.
- Recortes Cero. Cabeza de lista: Sara Puga Rey.
- VOX. Cabeza de lista: Juan Garcilaso de la Vega Muñoz.
- Sumar. Cabeza de lista: Marta Irene Lois González.
- PACMA. Cabeza de lista: Manuela García López.
As candidaturas de PUM+J e PCTG foron retiradas.
Lugo
- Frente Obrero. Cabeza de lista: José Manuel Moreno del Pozo.
- PSdeG-PSOE. Cabeza de lista: José Ramón Gómez Besteiro.
- PP. Cabeza de lista: Francisco José Conde López.
- VOX. Cabeza de lista: Sonia María Teijeiro Pérez.
- PUM+J. Cabeza de lista: Josep María Valls Martí.
- BNG. Cabeza de lista: Daniel Castro García.
- PCTG. Cabeza de lista: Joel Varela Besteiro.
- Sumar. Cabeza de lista: José Antonio Rodríguez Añón.
- PACMA. Cabeza de lista: Consuelo Pereiro Fernández.
- Recortes Cero. Cabeza de lista: Rosa Estefanía Pérez Fernández.
Ourense
- PSEDEG-PSOE. Cabeza de lista: Margarita Martín Rodríguez.
- Frente Obrero. Cabeza de lista: David González García
- PUM+J. Cabeza de lista: Rafael Manuel Fernández Alonso.
- PP. Cabeza de lista: Ana Belén Vázquez Blanco.
- CCD. Cabeza de lista: José Manuel Palacios Rodríguez.
- BNG. Cabeza de lista: Noa Presas Bergantiños.
- VOX. Cabeza de lista: María Cristina Bravo Bosch.
- PACMA. Cabeza de lista: Adrián Abuín Pose.
- Sumar. Cabeza de lista: A. Víctor Ferreiro Outomuro.
- PCTG. Cabeza de lista: Antón Otero Pedrouzo.
- Recortes Cero. Cabeza de lista: José Enrique Tato Fidalgo.
Pontevedra
- Frente Obrero. Cabeza de lista: David Sanz Fernández.
- PP. Cabeza de lista: Ana María Pastor Julián.
- VOX. Cabeza de lista: Álvaro José Díaz-Mella López.
- PACMA. Cabeza de lista: Amelia Graña Rosales.
- PSDEG-PSOE. Cabeza de lista: David Regades Fernández.
- PCTG. Cabeza de lista: Miguel Riaño Roa.
- BNG. Cabeza de lista: María Carme da Silva Méndez.
- Sumar. Cabeza de lista: Verónica Martínez Barbero.
- Recortes Cero. Cabeza de lista: María Luisa Martínez Martí.
A candidatura de PUM+J foi retirada.
-

As 7 principais cidades galegas terán debate
A CRTVG ofrecerá a partir de luns os debates pola TVG, RG e web. Celebraránse de 10.00 a 10.45h.
-

Incendio nun mercante no porto da Coruña
Os servizos de emerxencias extiguiron un incendio na bodega dun mercante. O carbón que levaba comezou a arder por autocombustión e produciuse unha gran fumareda.
-

Un incendio no aparcadoiro subterráneo de Orzán deixa catro coches calcinados
Os bombeiros da Coruña deron por controlado o incendio no aparcadoiro subterráneo de Orzán. O incendio afectou a 4 vehículos que quedaron calcinados.
A intensa fumareda obrigou a desaloxar a zona e provocou problemas no tráfico.
-

En estado crítico a muller ferida polo seu marido en Carballo
No lugar de Sísamo, en Carballo, un home supostamente feriu de gravidade á súa muller. Pouco antes das tres da madrugada os veciños alertaron aos servizos de emerxencia despois de escoitar ruídos.
No exteriior da vivenda atoparon á muller de 43 anos inconsciente e con sangue e feridas visibles na cabeza, supostamente causadas polo seu marido. Actualmente atópase en estado críttico.
Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias e persoal sanitario do PAC de Carballo. A muller foi trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC), onde permanece ingresada na UCI.
Fontes da Garda Civil informan de que o suposto autor foi detido cando ía entregarse arredor das 10:15h, no control de entrada da Comandancia da Coruña.
Ao longo da mañá, o home foi trasladado desde A Coruña ata o cuartel da Garda Civil en Carballo, onde axentes da policía xudicial se fixeron cargo da investigación.
Parella con fillos
A parella ten dous fillos menores de idade, que no momento da agresión atopábanse no interior da vivenda. Os bombeiros acceder ao interior desta para facerse cargo deles. Máis tarde, os dous quedaron baixo custodia temporal dos avós.
Denuncia previa
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confimou unha denuncia contra o detido de haii una ano por vexacións e insultos, pero non había orde de afastamento.
O alcalde de Carballo desexou que a evolución médica da vítima “sexa favorable” e tamén informou de que a vítima rechazara anteriormente asistencia do centro municipal da información á muller.
Lembre que o 016 é o teléfono de atención a vítimas da violencia machista e que non deixa rastro na factura telefónica.
-

GRÁFICA: Días calurosos en Galicia. A temperatura no teu concello
Realización propia. Fonte: AEMET Durante os próximos días Galicia vivirá unha situación de tempo cálido no que as temperaturas superarán os 30º en varios concellos.


