Etiqueta: #A Estrada

  • Mantéñense as cifras de paro na comarca

    Mantéñense as cifras de paro na comarca

    A Xunta de Galicia publicou as cifras de paro nos concellos de Galicia. Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes as cifras só baixaron nunha persoa. Por concellos, A Estrada conseguiu baixar da cifra dos 800 parados ao ter dous desempregados menos, Cerdedo mantense nos 58 parados e, Forcarei, sube un ata os 95.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos meses para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende

    Por sectores, é o dos servizos o que máis parados aporta (645), seguido da industria (118), da construcción (75), dos cidadáns que buscan o seu primeiro emprego (67) e da agricultura e pesca (46). O concello que máis aporta en todos os casos é o da Estrada.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos concellos para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende

    En canto ás idades, só hai 29 menores de 25 desempregados. Amais, hai 547 mulleres maiores de 25 anos sen emprego e 375 homes maiores de dita idade.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos concellos para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende
  • O PSOE denuncia a mala consevación das zonas de baño públicas

    O PSOE denuncia a mala consevación das zonas de baño públicas

    O líder do PSOE na Estrada, Luis López Bueno, denunciou o mal estado de conservación das zonas de baño públicas no concello. López Bueno asegura que atópanse descoidadas e bota en falta “actuacións prometidas unha e outra vez polo PP local”.

    Segundo o líder socialista, nas pincinas estánse despegando as pezas de gresite do vaso principal que se arranxaran hai pouco. Amais, critica o estado da zona de xogo infantil, que ten todos os elementos – incluído o valado perimetral – en mal estado, e a existencia de duchas precintadas.

    López Bueno tamén se desprazou ata a praia fluvial de Liñares, onde comentou que os baños atópanse “nunha situación de dubidosa salubridade, por ser amables co PP”. Tamén lamentou a existencia de xogos infantís precintados pola Policía Local e dun tobogán que non cumpre a normativa.

    O socialista lamentou que non chegaran as melloras anunciadas á praia fluvial e ás piscinas municipais e calcula que A Praíña, en Couso, e O Areal, en Berres, reciben uns 1.000 usuarios ao día, mentras que nas instalacións municipais “apenas chegan a 150”. Bueno atribúe estas malas cifras á “devaluación continua” dos espazos do baño de xestión municipal por falta de mantemento.

  • ADEGA Ecoloxismo leva aos tribunais o parque eólico Campo das Rosas

    ADEGA Ecoloxismo leva aos tribunais o parque eólico Campo das Rosas

    A asociación ecoloxista ADEGA presentou un contencioso-administrativo contra a autorización da Xunta ao parque eólico Campo das Rosas. Tal e como recollen, nos montes da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro no que se queren instalar os eólicos existe un tipo de fento considerado en perigo de extinción, o Lycopodiella inundata, e hai turbeiras protexidas, que non apareceron nin no Estudo de Impacto Ambiental (EIA) nin na Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Ademais, os eólicos tamén se instalarían nos montes nos que se atopan os cabalos da Rapa das Bestas de Sabucedo.

    Segundo ADEGA, as infraestruturas do parque eólico poderían provocar a desaparición dalgunhas turbeiras e modificaríase o fluxo da auga provocando unha importante alteración do réxime hídrico. Tamén, engaden, o licopodio das brañas – Lycopodiella inundata -, cuxa maior poboación atópase en ditos montes, podería chegar a desaparecer e a provocar a extinción da especie.

  • Unha rúa para non pasar

    Unha rúa para non pasar

    Hai uns días fixéronse públicas nas redes sociais unhas queixas pola maleza que invade unha beirarrúa na rúa Manuel Cabada Vázquez da Estrada. A maleza procede duha finca particular e imposibilita o paso por dita beirarrúa.

  • Os estradenses poderán desfrutar dunha competición de tenis

    Os estradenses poderán desfrutar dunha competición de tenis

    No concello da Estrada naceu este martes 1 de agosto a Estrada Tennis League (ETL polas súas siglas), unha liga de tenis que nace co obxectivo de que os tenistas – sexan do nivel que sexan – “poidan liberar as súas ansias competitivas e poñerse a proba”.

    O formato da ETL será “ao máis puro estilo americano, baseada nunha fase regular e nun playoff“. A competición dividiráse nunha competición de inverno e nunha de primavera.

    PHDnoticias púxose en contacto coa competición e confirmáronnos que a competición está dirixida para o público en xeral e que se valora crear unha categoría para os nenos en función dos rapaces que se puideran chegar a inscribir.

    Ao longo dos vindeiros días irán dando máis detalles.

  • O PSOE pide melloras en San Andrés de Vea

    O PSOE da Estrada fixo públicos dous documentos nos que se lle solicita ao Goberno local melloras nos asfaltados en San Andrés de Vea.

    No primeiro documento menciónase que no lugar de Paramá existe unha vivenda na que, se non se rebaixa o nivel da vía antes de asfaltar, o seu portal “quedaría inutilizable” dado que xa “ten un desnivel significativo” e, ao asfaltar, a altura da vía aínda sería maior. Amais, tamén se solicita o arranxo das canalizacións de pluviais da pista “a fin de que a auga discorra por elas e non invada a entrada das casas”.

    No segundo decumento exponse que a única pista que dá acceso ao lugar de Cardelle está en mal estado, polo que se solicita que se inclúa esa pista no vindeiro proxecto de asfaltados.

  • Sábado de troula en Arnois

    Sábado de troula en Arnois

    Arnois, na Estrada, honrará o vindeiro sábado 5 á Virxe das Neves cunha misa ás 13.30h. Despois, haberá unha sesión vermú a cargo da Banda Municipal da Estrada e, pola noite, Olympus e Metrópolis amenizarán a verbena. Unha tirada de fogos de artificio culminará os festexos.

  • Nova edición do Rallymix de Carretas na Festa do Escalo de Couso

    Nova edición do Rallymix de Carretas na Festa do Escalo de Couso

    Esta fin de semana celebraráse a XLV Festa do Escalo no Coto de Couso (A Estrada). O venres 4 a Comisión de Festas abrirá a cantina.

    O sábado 5 verificaránse as carretas que participarán no II Rallymix de Carretas entre as 18 e as 19h para que, despois, dea inicio. Ás 21.00h haberá unha degustación de porco á brasa gratuíta e, a posteriori, dará inicio a verbena a cargo de Punto Zero.

    O domingo 6 será o día grande da festa cunha nova edición da Festa do Escalo. Entre ás 9.00 e as 10.00 os pescadores deberán inscribisrse. Ao remate da inscrición, dará inicio a primeira manga do concurso, que finalizará ás 13.00h. Ás 13.30h dará inicio a sesión vermú a cargo dos Pereiriños. A segundaa manga do concurso comezará ás 16.00h e rematará ás 19.00h. Por último, os premios entregaránse ás 20.00h. Ademais, durante todo o día poderá degustarse escalos e pementos de forma gratuíta.

    II Rallymix de Carretas

    Para inscribirse ao rallymix hai que enviar un WhatsApp ao 652 232 119 e é necesario ser maior de idade. A inscrición custa 20€ por parella. As carretas deben ser dunha soa roda e é obritorio empregar casco.

    Nesta edición repartiránse 4 premios: as tres mellores parellas recibirán 400€, 200€ e unha carreta máxica, respectivamente, e a parella que teña a carreta mellor tuneada e os compoñentes estean mellor disfrazados, recibirán o premio especial de 100€.

  • Saída de vía con tres coches danados no casco urbano

    Na madrugada de onte un vehículo que circulaba polas proximidades da biblioteca da Estrada saíuse da vía impactando contra un coche estacionado. Este último, a consecuencia do impacto, bateu contra outro vehículo aparcado.

    A Garda Civil identificou ao condutor polos restos deixados polo vehículo e a Policía Local realizou o atestado.

    Ademais, efectivos de Emerxencias desprazáronse ata a Rúa Antón Lossda Diéguez para retirar unha rama que caira sobre a beirarrúa e un coche desde a finca dun particular.

  • Aparecen 5 gatiños dentro dun colector do lixo no centro da Estrada

    A Asociación Palleiráns precisa de forma urxente a alguén que se queira facer cargo de tres gatiños que apareceron dentro dun colector do lixo na Rúa Virxinia Perira – na zona próxima a Correos e preto da Estación de Autobuses. Tal e como contan nunha publicación en Facebook, unha voluntaria avisounos ao escoitar miaños en dito colector e atopouse cunha bolsa con cinco gatiños – 2 deles mortos. Os animais foron levados ao veterinario e interpúxose unha denuncia ante a Policía Local e o Seprona.