Etiqueta: #A Estrada

  • Comezan as finais dun torneo de futbolín na Estrada

    Comezan as finais dun torneo de futbolín na Estrada

    Na mañá deste sábado comezaron no Pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada as finais a nivel autonómico da LNF Presas. Nesta competición de futbolín atopámonos con 250 equipos de 2 compoñentes cada un e con dúas categorías: movemento – que se celebra este sábado – e parado – que se xoga mañá domingo.

    Ambos días as competicións comezan ás 11.00h e xóganse catro categorías: élite, primeira, segunda e terceira. O horario de finalización da xornada será entre ás 22.00h e as 23.00h.

    No que se refire aos premios, repartiránse 15.000€ entre os 12 mellores equipos de todas as categorías e trofeos entre os 16 mellores.

  • López Bueno considera necesario renovar os alcaldes de barrio, pero non “a dedo”

    O portavoz socialista na Estrada, Luis López Bueno, pronunciouse onte sobre o anuncio do PP local de renovar as alcaldías de barrio. López Bueno calificou a medida de necesarias dado que hai “decenas de parroquias nas que os veciños non contan con esta figura, que é fundamental para canalizar os problemas do día a día”.

    Para o socialista, o culpable da renuncia de varios alcaldes de barrio foi o PP:

     “Fan o traballo de falar cos veciños e veciñas, trasládanlle as peticións ao PP e a cambio reciben poucas solucións. Ao final quedan mal cos veciños porque o PP non é capaz de arranxar cousas por pequenas que sexan e iso acaba por cansalos. Responder por un goberno vago e pouco serio tamén cansa”

    Luis López Bueno, líder do PSdeG-PSOE na Estrada

    Para o líder socialista, o sistema de elección de “dedazo” non é representativo e entende que o PP só quere aos alcaldes de barrio para “que tenten defender a inacción de goberno nas parroquias” e, por iso, “non queren nomear representantes dos veciños”.

    “O acertado é facer unha elección democrática entre os veciños e veciñas”, comenta López Bueno, porque, de non ser así, suporía “un dedazo para nomear afíns ao PP”.

    Amais, López Bueno criticou ao PP por saltarse o regulamento de participación cidadá ” non contestando por escrito aos veciños, non convocando os órganos que se crearon co regulamento e non respectando as súas atribucións”. O socialista aposta por incluír a elección democrática dos alcaldes de barrio no Regulamento de Participación Cidadá para que “ningún goberno municipal poida pasar por encima da vontade dos veciños”.

  • Manuel López Rodríguez, galardoado co Avelina Valladares

    Manuel López Rodríguez foi galardoado co XXVII premio de poesía Avelina Valladares grazas ao seu poemario Fío – Taxidermista. Así o acordou na xornada deste xoves o xurado do certame.

  • “Coma eu, moitísima xente”: a situación dos traballadores dunha popular cervexería da Estrada

    “Coma eu, moitísima xente”: a situación dos traballadores dunha popular cervexería da Estrada

    A situación dos traballadores da hostalería moitas veces non é a mellor, con xornadas abusivas e soldos baixos. A semana pasada viamos o caso dun grupo empresarial no que a muller do xefe trataba mal aos empregados e hoxe imos ver outro caso.

    No grupo de Facebook Denuncia explotación laboral A Estrada fixéronse eco de varios testemuños de persoas que traballaron nunha cervexaría da Estrada. No primeiro deles atopámonos cunha extraballadora do local que comenta que “ninguén aguanta alí” e que “levará o cartel máis dun ano pegado fóra buscando xente”. Sobre a xornada laboral, relata, “a cantidade de horas é inhumana, estaba facendo 12/13 horas todos os días, non tiña vida e estaba perxudicando á miña saúde, tanto física como mental”. O relato continúa indicando “que había semanas que non descansaba nin un só día e, sobre todo, estar aguantando o trato, horrible”.

    E do soldo, xa mellor nin falar:

    “De sueldo ya ni te digo: 800 miserables euros asegurada 4 horas, como yo muchísima más gente ha pasado por ahí y ha estado en la misma situación“.

    Extraballadora, vía Denuncias explotación laboral A Estrada.

    Outra persoa comentou que traballou uns días de mañá e outros de tarde sen problemas ata que, un día que traballaba pola mañá, díxolle que tiña que ir pola noite xa que había partido. “Avísame pola tarde e díxenlle que non podía” por que “tiña un compromiso familiar”. Tal e como conta, “a súa resposta foi que se non ía ir, que non volvera por alí e que non ía cobrar nada do que traballara”. Conta que “intentei reclamar legalmente e só estivera asegurada dous días, cando xa levaba traballado entre 15 e 20 días”.

    No último caso que se fixo público, o dunha excociñeira, coméntase que “fai tempo que denunciei […] porque non me quixo pagar o soldo” e, “despois de ter un contrato fraudulento e idas e vidas, non houbo forma de cobrar”. Tras isto, relata, “enfadeime porque eu cumpría con creces o meu traballo, e tivo a indecencia de dicirme que non volvera”. Tras isto, “leveino a Maxistratura” e tivo que pagarlle o soldo “e saíulle caro”. Por último, culmina cun “eran horas de pararlle os pés a todos estes que non son xefes nin nada”.

  • Charla sobre o coidado da pel na Estrada

    Charla sobre o coidado da pel na Estrada

    Este xoves 27 celebraráse no MOME unha charla informativa sobre o coidado da pel organizada pola Asociación Española Contra o Cancro. A charla dará inicio ás 20.00h e estará impartida por Santi Nodar, farmacéutico de farmacia comunitaria. O acceso é gratuíto.

  • Fútbol e Panorama nas festas de Berres

    Fútbol e Panorama nas festas de Berres

    Berres (A Estrada) festexará as súas festas na honra da Virxe do Amparo e de Santa Lucía do sábado 29 ao luns 31.

    O sábado celebraráse, a partir das 18.00h, o Trofeo Virxe do Amparo no Campo O Pardiñeiro. Nel enfrontaránse a ACD Vetereanos de Berres e UllaOil Veteranos. A partir das 22.30h dará inicio a verbena amenizada por Treixadura e Charleston Big Band.

    O domingo oficiaráse unha misa solemne ás 12.30h na honra da Virxe do Amparo. O pasarrúas, a sesión vermú e a verbena correrá a cargo de Lume na Lareira, da Banda Municipal de Silleda e da Banda Artística de Merza.

    O luns 31 celebraráse unha misa na honra de Santa Lucía ás 13.00h. A Banda Municipal da Estrada dará un concerto e amenizará a sesión vermú. Pola noite, haberá unha verbena a cargo da orquesta Panorama e o DJ Carlos López.

  • O PP foi o gañador en Deza e Tabeirós-Terra de Montes

    O PP foi o partido gañador en case todos os concellos da provincia de Pontevedra. Nas capitais de Deza e Tabeirós-Terra de Montes a participación aumentou e a formación popular foi a gran beneficiada: na Estrada aumentou o seu número de votos en 1500 papeletas e, en Lalín, en 1600.

    Relacionado

    Na Estrada tamén subiron PSOE (300 votos máis) e BNG (100 votos). Polo contrario, Sumar perdeu preto de 100 votos respecto ao seu predecesor Unidas Podemos e Vox perdeu 350 votos.

    En Lalín o BNG conseguiu manterse pero o resto de partidos perderon votantes. Deste xeito, 250 electores menos introduciron a papeleta do PSOE nas urnas da localidade, 150 a de Sumar e 350 a de VOX.

  • Agolada en Deza e A Estrada en Tabeirós son os concellos con maior participación ata ás 14 horas

    A participación das Eleccións Xerais aumentou en comparación cos últimos comicios deste tipo en España e en Galicia, pero tamén nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

    O concello que máis destaca é Agolada, cun 49,59%, no que a participación ascende máis de 19 puntos respecto ás de novembro de 2019. Con este ascenso, ás 14 horas sitúase preto dos datos de participación das 18h dos últimos comicios nacionais, nos que a esa hora votaran un 52,72% dos censados.

    No resto de Deza, en Lalín ás 14h xa votara un 39,72% dos chamados ás urnas, 8,2 puntos máis que en 2019, en Silleda xa o fixo un 39,35% (+7,23), en Vila de Cruces un 41,13% (+11,89), en Dozón un 31,96% (+6,8) e, en Rodeiro, un 37,5% (+12,01).

    En Tabeirós-Terra de Montes foi A Estrada o concello no que máis porcentaxe dos chamados ás urnas votou ata as 14 horas. En concreto votou un 42,5% do censo (+8,42). En Cerdedo-Cotobade fíxoo un 41,99% (+9,03) e, en Forcarei, un 37,33% (+5,78).

  • Ancorados celebrará o Berry & Cider Fest

    Ancorados celebrará o Berry & Cider Fest

    O venres 28 celebraráse en Ancorados a primeira edición do Berry & Cider Fest. Nela haberá degustacións, polbo, churrasco e sidra e estará amenizado por Tributo Treixadura, Sabor Latino, El 4º Sentido, Supermirafiori e o DJ Carlos López. Os festexos comezarán ás 18.00h na Finca de Arandos.

  • San Miguel de Castro celebra a I edición da Festa do Bolo Preñado

    San Miguel de Castro celebra a I edición da Festa do Bolo Preñado

    O vindeiro 25 de xullo a parroquia estradense de San Miguel de Castro celebrará a primeira edición da Festa do Bolo Preñado. Os actos da festa comezarán ás 10.00h cunha ruta de sendeirismo que sairá do campo da festa de Seixo. Ás 13.00h haberá unha sesión vermú e, a posteriori, dará inicio o xantar. Tanto a sesión vermú como o xantar celebraráse no Coto de Castro. Lembre que para o xantar era necesario inscribirse anteriormente.

    Haberá cantina, música, xogos tradicionais e servizo de transporte gratuíto desde o aparcadoiro ata o Alto do Castro.