Unha muller de 47 anos correspondente ás iniciais A.I. L. N. resultou ferida onte nunha colisión por alcance na N-525 ao seu paso por Oca (A Estrada), á altura do cruce do centro médico. A ferida, que presentaba dor de cabeza, chamou ao 112 informando do suceso e solicitando asistencia sanitaria. Acudiron a Garda Civil e o 061.
Na avenida de Montserrat, en Donramiro (Lalín), unha condutora mareouse e bateu contra outro vehículo que estaba estacionado. A raíz do choque, producíronse danos en varios vehículos. Ata o lugar desprazáronse a Policía Local de Lalín, unha ambulancia do 061 e Protección Civil de Lalín, que se encargou de limpar a calzada.
Este xoves comeza unha nova edición da Rapa das Bestas de Sabucedo. Este evento que atrae a persoas de todo o planeta alongaráse ata o luns cun programa repleto de actividades.
O xoves celebraráse ás 21.00h unha gala na honra dos aloitadores. O venres celebraráse unha misa na honra de San Lourenzo ás 6.30 da mañá. Ás 7.00 sairáse desde o Celeiro a buscar ás bestas, e regresaráse ás 17.30h.
O sábado recolleránse as bestas no Castelo ás 11.00h e chegarán a Sabucedo ás 14.00h. Ás 19.00 celebraráse o primeiro curro. Ás 12.00h do domingo será o segundo curro e, o luns á mesma hora, o terceiro.
Paralelamente á Rapa celébrase o Rapasons. O venres estarán a Tralha da Terra de Montes (pasarrúas ás 20.00h), Sheila Patricia, Balkan Bomba, Brinkadelia Troupe e Funkiwis (23.00h).
O sábado actuarán Udra (Palco da Fonte, 14.30h), Fanfarria Taquikardia (Palco da Fonte, 16.00h), Tequexetéldere (Curro, 18.30h), Mekánika Rolling Band (21.00h), La Banda de Ayer e Flavia Blanco Show (Campo do Medio, 23.00h).
O domingo será o turno de Gabi Reboredo (Curro, 11.30h) e Festicultores Troupe (14.00h). Ás 16.30 dará inicio un festival no Palco da Fonte coas Pandereteiras do Val de Quireza, Polo Correo do Vento, Pakolaas e Catuxa Salom. Pola noite, verbena no Campo do Medio da man de Miramar e Dolce Vita. Airiños de Caldelas actuará nos tres curros e polo pobo durante toda a fin de semana.
Cartaz do Rapasons 2023. // Rapa das Bestas
Como todos os anos, ponse a disposición dos asistentes un autobús para chegar a Sabucedo. O autobús sae do Concello e para na Consolación e en Codeseda antes de chegar a Sabucedo.
O venres sae ás 21.00 da Estrada e a volta realízase ás 5.00. O sábado a primeira saída dirección Sabucedo produciráse ás 16.30 e, a segunda, ás 22.30. Os regresos realizaránse ás 21.30 e ás 5.00. O domingo a partida produciráse ás 11.00 e o regreso, ás 17.00.
O venres rematou a AE League coa victoria de Los Xavales. PHDnoticias falou coa organización sobre esta edición e todas as súas polémicas e sobre a segunda edición, na que haberá novidades e na que se ampliarán as categorías.
Pregunta- Que balance facedes da primeira edición da AE League?
Resposta – O balance da liga é claramente positivo, a maioría dos participantes cos que falamos dixéronnos que lles gustou moito a liga e tamén que estaba moi ben organizada.
P- Haberá segunda edición?
R- Grazas a todo o apoio que tivo esta edición, estamos traballando en facer unha segunda edición, con moitas novidades e ampliando as categorías para que todo o mundo poida desfrutar da liga.
P- E cando sería?
R- Non o sabemos aínda.
P- Dado que hai vai haber melloras, cales poderían ser?
R- Haberá melloras nos directos de Twitch e contrataremos árbitros que veñan directamente da federación.
P- Voltando á edición que se acaba de celebrar, houbo polémica cun árbitro en concreto por certas accións “mal pitadas” ou “que non se pitaron”. Podíase mellorar a arbitraxe?
R- Desde a liga promovemos sempre que a xente que tivera queixas as formalizara e as presentara. A día de hoxe non recibimos ningunha queixa formal de ningún equipo, só queixas que non levan a nada e sen ningún fundamento. Houbo dous equipos que se queixaron da arbitraxe e de accións supostamente mal pitadas. Estes dous equipos presentaron as queixas mediante insultos e vaciles cara á administración da liga e a solución a este problema foi revisar igualmente as súas queixas e posteriormente vetar a estes equipos da liga. Tras revisar as súas queixas cun árbitro federado, comunicounos que a arbitraxe dos partidos estaba ben realizada, sen ter en conta un ou dous erros arbitrais por partido, que son completamente normais aínda contando con árbitros non federados. Creemos que o único erro dos nosos árbitros foi ser moi permisivos á hora das queixas xa que tiveron que soportar situacións que non tiñan que haber soportado. Así que para próximas edicións, a cuota de inscrición elevaráse e contrataremos a árbitros federados para que arbitren os encontros.
“Tras revisar as súas queixas cun árbitro federado, comunicounos que a arbitraxe dos partidos estaba ben realizada”
P- Intentástedester árbitros federados esta edición?
R- De feito, tivemos un árbitro federado na competición, pero as queixas seguían vindo dos mesmos equipos.
P- Un dos equipos, que finalmente anunciou a súa retirada da competición, acusouvos de ser ditadores prohibindo aos equipos queixarse ou realizar comunicados. Nós falamos con equipos e, nalgún caso, dixéronnos que non era recomendable facer comunicados e, incluso, que o equipo que o fixera arriscábase a unha sanción. Que tedes que dicir ao respecto?
R- Os comunicados, se os queres facer, teñen que ter unha lóxica e teñen que ir sempre dende o respecto. O que non podes é insultar a ninguén e menos, insultar repetidas veces á administración por que o teu equipo perdera. Na nosa competición queremos a xente competente que saiba gañar e perder, cousa que os deses equipos non o demostraron. Ademáis disto, estes equipos non falaron con nós en nigún momento de bo xeito, e isto non se pode permitir, nin aquí nin en ningún sitio, así que as súas suxestións non foron lidas dende un primeiro momento por que non se saben comportar.
” Na nosa competición queremos a xente competente que saiba gañar e perder, cousa que os deses equipos non o demostraron”
P- Ides endurecer a resposta ante situacións así?
R- Nesta edición aprendimos a non ter man branda con ningunha destas situacións. En próximas edicións non daremos avisos sobre estos temas por que entendemos que non temos que recordar como se deben comportar os integrantes dun equipo.
O venres remataba a AE League cuns polémicos comunicados por parte dun dos equipos participantes: o 4K. No primeiro comunicado realizaron críticas á arbitraxe e, no segundo, acusaron á competición de ser unha ditadura.
No último comunicado denunciaron que “varios equipos dos que non diremos os nomes prohibíronlles queixarse e subir comunicados oficiais”. Deste xeito, segundo o 4K, non lles deixan participar na toma de decisións e o que lles interesa é “contentar aos patrocinadores e á grada”.
O equipo engadiu que é unha liga que pode “roubarlle no campo” aos equipos e darlle o trofeo “a quen lles apetece sen que ninguén faga nada”.
Por último, comentaron que é “unha vergoña ver como o Concello apoia unha iniciativa destinada só a que se lucren os organizadores, con premios vergoñentos e, enriba, cunha arbitraxe lamentable”.
PHDnoticias púxose en contacto con equipos da liga que non formaron parte da polémica e recibiu respostas negando estas acusacións, comentando que “non está prohibido, toda queixa con sentido e ben razoada é respetada para mellorar a liga” pero que “os comunicados non é recomendable facelos”, e afirmando que o facer comunicados non está prohibido, “pero se o fas tes moito risco dunha sanción”.
Nunha entrevista con PHDnoticias, a AE League afirmou que “desde a liga promovemos sempre que a xente que tivera queixas as formalizara e as presentara” e que os dous equipos que se queixaron “presentaron as queixas mediante insultos e vaciles cara á administración da liga”. Segundo nos comentaron, as queixas foron revisadas cun árbitro federado que “comunicounos que a arbitraxe dos partidos estaba ben realizada”.
Respecto aos comunicados, se se queren facer “teñen que ter unha lóxica e teñen que ir sempre dende o respecto. O que non podes é insultar a ninguén e menos, insultar repetidas veces á administración por que o teu equipo perdera.”
Por iso, na segunda edición da AE League “non daremos avisos sobre estes temas”.
Na xornada deste sábado declarouse un incendio forestal en Pardemarín no que se atopan traballando os servizos de Emerxencias. Ademais, en Calo houbo un conato de incendio que resultou ser un vehículo avariado.
🚒 Conato de 🔥 na AP-9, á altura de Calo, que resultou ser unha avería nun 🚙
🔥 Incendio forestal declarado nun principio próximo a vivendas en Pardemarín. No cal seguen traballando os medios de Medio Rural na zona.
— Emerxencias A Estrada (@emerx_aestrada) July 1, 2023
O 4K anunciou nun comunicado que non van xogar o partido polo terceiro e cuarto posto tras o escándalo arbitral. En dito comunicado denuncian que no partido de onte a AE League vetou ao presidente do equipo tras “queixarse ‘inxustificadamente’ nos últimos partidos e no sorteo, ademais dos intentos de expulsión dos xogadores Yago Camiña, Pablo Álvarez, David Silva e Fran Dapena totalmente inxustificados”.
No comunicado, proseguen explicando que o primeiro partido no que houbo polémica foi contra o Olímpico Estradense, no que “se lle perdona un cartón vermello a Anxo Barbosa por ser amigo do árbitro”. Tamén acusan ao colexiado de favorecer ao Los Soldadores e, no partido de onte, de pitar “faltas inxustificadas” e “2 expulsións sen sentido”, ademais de realizar un tempo engadido “desproporcionado que daba a sensación que era ata que o outro equipo marcase”. Engaden que preguntáronlle ao árbitro cando podería saír un xogador e este díxolles que podería no minuto 48, pero pitou o final no 47:59.
Desde 4K comprenden que “os árbitros son novatos e equivócanse, pero non poden equivocarse sempre para o mesmo lado e casualmente en partidos de equipos da Estrada”. Tamén lamentan que o partido máis esperado da AE League fose manchado por un escandalo arbitral.
Para finalizar o comunicado, anuncian que se retiran da AE League regalándolle o terceiro posto ao Olímpico Estradense, que non pagarán a débeda coa “liga corrupta” e que o seu xogador Marcos Lesta non recibirá o premio Pichichi.
Esta tarde celébrase a final que vai a decidir o equipo gañador da primeira edición da AE League. A polémica arbitral de onte continúa e xa está tendo consecuencias.
23.57 OLÍMPICO ESTRADENSE FALA SOBRE A POLÉMICA DA ARBITRAXE.
PHDnoticias tamén falou co Olímpico Estradense, equipo que conseguiu a terceira praza ao retirarse o 4K. Eles comentaron que non lles afectou a arbitraxe e que son árbitros novatos, polo que “non podemos botarllo en cara aínda que houbo partidos que foron un escándalo”.
21.38 XAVALES GAÑA NOS PENALTIS! RESULTADO FINAL: SD LOS XAVALES 5 (5)-(4) 5 INTER DE CAMPELO.
21.34 VAI HABER POLÉMICA NOS PENALTIS! Inter de Campelo protestou polo tiro que foi ao pau e déronllo por válido!
21.29 A PENALTIS!
21.27 GOL DE CAMPELO QUE EMPATAN!
21.26 3 DE ENGADIDO!
21.24 GOL DOBRE
21.24 PENALTI ADESTRADOR E
21.23 CAMPELO FALLA O PENALTI DESDE O CENTRO
21.22 GOOOOOL DE XAVALES
21.21 COMO A SALVOU CAMPELO!
21.20 GOLPEAN O TROFEO!
21.09
21.04 COMEZA A SEGUNDA PARTE
20.58 Un dos protagonistas desta metade foi o porteiro do Inter de Campelo, que berraba e mandaba máis que o propio adestrador.
20.56 REMATA A PRIMEIRA PARTE!
Non houbo goles no 1 contra 1.
20.54 2 DE ENGADIDO!
20.52 E AGORA 1 CONTRA 1!
20.50 ANDAN A OCASIÓNS PERO NON MARCAN
20.43 EMPATA CAMPELO
20.42 GOOOOOL DE CAMPELO
20.39 PENALTI ADESTRADOR E PRIMEIRO GOL DE CAMPELO
20.38 PENALTI ADESTRADOR E NOVO GOL DE XAVALES
20.37 E VOLVE A MARCAR XAVALES
20.36 GOOOOOOOL DE XAVALES
20.31 COMEZA A FINAL!
20.30 OS XOGADORES XA SE ATOPAN NO CAMPO
20.28 O TROFEO ATÓPASE NO CAMPO
20.20 A PUBLICIDADE PASOU A MELLOR ÉPOCA
Un dos cartelóns de publicidade atópase roto por completo.
20.16 FALTAN 15 MINUTOS PARA A GRAN FINAL
Xavales e Inter de Campelo xa se atopan no campo quentando.
20.15 UNIÓN GAÑA A CONSOLACIÓN
Gañáronlle 6-3 a Vodka Juniors.
20.12 ESTÁSE CALDEANDO A SITUACIÓN NA CONSOLACIÓN
Vodka necesita marcar.
19.46 RETÓMASE A FINAL DA CONSOLACIÓN
19.40 DESCANSO NA FINAL DA CONSOLACIÓN
Unión vai gañando 3-0 a Vodka.
17.39 XAVALES NON SE POSICIONA SOBRE A POLÉMICA
PHDnoticias púxose en contacto con Los Xavales para coñecer a súa opinión sobre a polémica arbitral. A súa resposta foi que se manteñen fóra de calquera polémica arbitral dado que eles adícanse a xogar ao fútbol, aínda que sí recoñecen que houbo decisións polémicas, pero non se posicionan.
17.14 CONFIRMADOS OS PARTIDOS DE HOXE NA AE LEAGUE
Ás 18.00 celebraráse un amistoso entre o Olímpico Estradense e un novo equipo. Ás 19.15 será a final da consolación (Vodka Juniors – Unión) e, ás 20.30, a gran final entre Los Xavales e Inter de Campelo.
Ás 22.00 será a entrega de premios e, media hora despois, haberá fogos artificiais.
16.54 O CATANIA TAMÉN SE UNEU AS CRÍTICAS
Ao finalizar o Los Xavales-4K, o Catania lanzou un comunicado en Instagram no que tamén criticaban á AE League.
Nós avisamos, hoxe volveuse a vivir un escándalo arbitral, outra vez co mesmo árbitro como protagonista. Parécenos unha sinvergoncería o que se fixo hoxe. Esperemos que na segunda edición non se repita. Non obstante, felicitar ao noso clube amigo SD Los Xavales polo pase á final do campionato. #aeleaguemafia
Catania FC
16.41 NON SE VAI XOGAR O PARTIDO DO TERCEIRO E CUARTO POSTO
O 4K anunciou nun comunicado que non van xogar o partido polo terceiro e cuarto posto tras o escándalo arbitral. En dito comunicado denuncian que no partido de onte a AE League vetou ao presidente do equipo tras “queixarse ‘inxustificadamente’ nos últimos partidos e no sorteo, ademais dos intentos de expulsión dos xogadores Yago Camiña, Pablo Álvarez, David Silva e Fran Dapena totalmente inxustificados”.
No comunicado, proseguen explicando que o primeiro partido no que houbo polémica foi contra o Olímpico Estradense, no que “se lle perdona un cartón vermello a Anxo Barbosa por ser amigo do árbitro”. Tamén acusan ao colexiado de favorecer ao Los Soldadores e, no partido de onte, de pitar “faltas inxustificadas” e “2 expulsións sen sentido”, ademais de realizar un tempo engadido “desproporcionado que daba a sensación que era ata que o outro equipo marcase”. Engaden que preguntáronlle ao árbitro cando podería saír un xogador e este díxolles que podería no minuto 48, pero pitou o final no 47:59.
Desde 4K comprenden que “os árbitros son novatos e equivócanse, pero non poden equivocarse sempre para o mesmo lado e casualmente en partidos de equipos da Estrada”. Tamén lamentan que o partido máis esperado da AE League fose manchado por un escandalo arbitral.
Para finalizar o comunicado, anuncian que se retiran da AE League regalándolle o terceiro posto ao Olímpico Estradense, que non pagarán a débeda coa “liga corrupta” e que o seu xogador Marcos Lesta non recibirá o premio Pichichi.