Este xoves 27 celebraráse no MOME unha charla informativa sobre o coidado da pel organizada pola Asociación Española Contra o Cancro. A charla dará inicio ás 20.00h e estará impartida por Santi Nodar, farmacéutico de farmacia comunitaria. O acceso é gratuíto.
Etiqueta: #A Estrada
-

Fútbol e Panorama nas festas de Berres
Berres (A Estrada) festexará as súas festas na honra da Virxe do Amparo e de Santa Lucía do sábado 29 ao luns 31.
O sábado celebraráse, a partir das 18.00h, o Trofeo Virxe do Amparo no Campo O Pardiñeiro. Nel enfrontaránse a ACD Vetereanos de Berres e UllaOil Veteranos. A partir das 22.30h dará inicio a verbena amenizada por Treixadura e Charleston Big Band.
O domingo oficiaráse unha misa solemne ás 12.30h na honra da Virxe do Amparo. O pasarrúas, a sesión vermú e a verbena correrá a cargo de Lume na Lareira, da Banda Municipal de Silleda e da Banda Artística de Merza.
O luns 31 celebraráse unha misa na honra de Santa Lucía ás 13.00h. A Banda Municipal da Estrada dará un concerto e amenizará a sesión vermú. Pola noite, haberá unha verbena a cargo da orquesta Panorama e o DJ Carlos López.
-
O PP foi o gañador en Deza e Tabeirós-Terra de Montes
O PP foi o partido gañador en case todos os concellos da provincia de Pontevedra. Nas capitais de Deza e Tabeirós-Terra de Montes a participación aumentou e a formación popular foi a gran beneficiada: na Estrada aumentou o seu número de votos en 1500 papeletas e, en Lalín, en 1600.
Relacionado
Na Estrada tamén subiron PSOE (300 votos máis) e BNG (100 votos). Polo contrario, Sumar perdeu preto de 100 votos respecto ao seu predecesor Unidas Podemos e Vox perdeu 350 votos.
En Lalín o BNG conseguiu manterse pero o resto de partidos perderon votantes. Deste xeito, 250 electores menos introduciron a papeleta do PSOE nas urnas da localidade, 150 a de Sumar e 350 a de VOX.
-
Agolada en Deza e A Estrada en Tabeirós son os concellos con maior participación ata ás 14 horas
A participación das Eleccións Xerais aumentou en comparación cos últimos comicios deste tipo en España e en Galicia, pero tamén nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
O concello que máis destaca é Agolada, cun 49,59%, no que a participación ascende máis de 19 puntos respecto ás de novembro de 2019. Con este ascenso, ás 14 horas sitúase preto dos datos de participación das 18h dos últimos comicios nacionais, nos que a esa hora votaran un 52,72% dos censados.
No resto de Deza, en Lalín ás 14h xa votara un 39,72% dos chamados ás urnas, 8,2 puntos máis que en 2019, en Silleda xa o fixo un 39,35% (+7,23), en Vila de Cruces un 41,13% (+11,89), en Dozón un 31,96% (+6,8) e, en Rodeiro, un 37,5% (+12,01).
En Tabeirós-Terra de Montes foi A Estrada o concello no que máis porcentaxe dos chamados ás urnas votou ata as 14 horas. En concreto votou un 42,5% do censo (+8,42). En Cerdedo-Cotobade fíxoo un 41,99% (+9,03) e, en Forcarei, un 37,33% (+5,78).
-

Ancorados celebrará o Berry & Cider Fest
O venres 28 celebraráse en Ancorados a primeira edición do Berry & Cider Fest. Nela haberá degustacións, polbo, churrasco e sidra e estará amenizado por Tributo Treixadura, Sabor Latino, El 4º Sentido, Supermirafiori e o DJ Carlos López. Os festexos comezarán ás 18.00h na Finca de Arandos.
-

San Miguel de Castro celebra a I edición da Festa do Bolo Preñado
O vindeiro 25 de xullo a parroquia estradense de San Miguel de Castro celebrará a primeira edición da Festa do Bolo Preñado. Os actos da festa comezarán ás 10.00h cunha ruta de sendeirismo que sairá do campo da festa de Seixo. Ás 13.00h haberá unha sesión vermú e, a posteriori, dará inicio o xantar. Tanto a sesión vermú como o xantar celebraráse no Coto de Castro. Lembre que para o xantar era necesario inscribirse anteriormente.
Haberá cantina, música, xogos tradicionais e servizo de transporte gratuíto desde o aparcadoiro ata o Alto do Castro.
-

Romaría de Santa Mariña en Orazo
Este 25 de xullo celebraráse en Castrovite, Orazo (A Estrada) a romaría de Santa Mariña. Ás misas celebraránse ás 10.00, 11.00 e, a última -que será solemne-, ás 13.00h. A Banda Municipal da Estrada dará un concerto ás 12.00 e amenizará a sesión vermú. Despois, haberá un xantar popular animado polo grupo Folclórico. Á tarde-noite actuará o dúo Cristina e Xela.
-

Santa Cristina de Vea honra á súa patroa
Este luns 24 dará inicio a festa patronal de Santa Cristina de Vea (A Estrada). Os actos comezarán cunha misa solemne ás 13.30h e a posterior sesión vermú co grupo Kalima. Pola noite, a verbena correrá a cargo dos grupos Kalima e Nueva Era.
O martes 25 honrarán ao Santísimo Sacramento cunha misa solemne ás 13.30h e unha sesión vermú a cargo da charanga Os Jaláticos.
-
Un ciclista ferido de consideración nun accidente en Cereixo
Un ciclista de 71 anos resultou ferido de consideración ao bater cun coche en Cereixo esta tarde. O home, residente en Pernaviva, foi trasladado ao centro de saúde e, posteriormente, ao hospital Clínico de Santiago.
-

“Ata o punto de poñelos a chorar”. As malas condicións de traballo nos locais dun empresario na Estrada
Hai uns días creouse en Facebook a conta Denuncia explotación laboral A Estrada e xa está tendo importantes denuncias. Entre elas destacan as de varios usuarios sobre un popular grupo de cafeterías do concello.
Na última publicación da conta lemos o testemuño dunha persoa que estivo alí traballando durante 11 meses. Dita persoa indica que as condicións laborais e o xefe eran bos, pero que a parella deste último non. “É prepotente, maleducada, manipuladora e mala persoa en xeral”, explica. O relato continúa falando das propinas, que as xestiona a parella do xefe e que “poucas veces se reparte xa que é ela quen se queda cos cartos”. “Cando marchei non o reparteu cando había 250€, como excusa dixo que faltaran cartos na caixa e mais na lotería. E así sempre”.
O exempregado continúa falando dos malos tratos da muller do empresario cara os empregados:
“Tamén dicir que a persoa antes mencionada trata mal os empleados da súa parexa incluso diante da xente, hasta o punto de poñelos a chorar, como tamén en varias ocasións chamarlle a atención ós camareros por falar co persoal de cociña”.
Extraballador do grupo empresarial, vía Denuncias explotación laboral A Estrada en FacebookE conclúe cun “e así un largo etc”.
Outro exempregado relata que “ahí da igual la cantidad de horas que hagas que te paga lo mismo” e coincide na problemática da parella do empresario. Outro dos problemas é que para poder recibir o seu soldo “estuve casi una semana detrás de él, enviando mensajes, llamando, preguntando si estaba por los bares, ¡así varios días hasta que dio señales de vida!” e lembra que el está denunciado por outras persoas ás que lle debe soldos.
Un terceiro exempregado denunciou o caso do seu despido. Tal e como contou, mentras el estaba de vacacións, o xefe púxose en contacto co traballador para dicirlle que tiña que dalo de baixa. O problema é que “me dió de baja voluntaria en vez de despedirme” e, dado que o empregado estaba fóra de España no momento do despido, cando chegou “no pude denunciar porque ya me había pasado el plazo de esto”.
“Cuando llegue no pude denunciar porque ya me había pasado el plazo de esto, intenté hablar con el, me dijo que hablara con su gestoría y que si me daba de alta 2 días que podía pedir el paro y obviamente no pude porque es un fraude de ley“
Extraballador do grupo empresarial, vía Denuncias explotación laboral A Estrada en FacebookA lista de denuncias continúa con outro exempregado que relata que se fan máis horas das que che din na entrevista, que se pides días “te los hacen trabajar y recuperarlos” e que se lles falas de subir o soldo, “se hacen los locos”. Por último tamén fala de que hai empregados aos que lles debe cartos e vacacións.
“Hola, trabajé en el grupo […]. En la entrevista me dijeron que iba a trabajar 8h lo cual es mentira haces muchas más horas 9:30 10 o más. Si pides días te los hacen trabajar y recuperarlos. Cualquiera cosa que sea subir sueldo y así se hacen los locos. Compañeros míos que también trabajaron allí no les pagaron y a algunos les deben vacaciones“
Extraballador do grupo empresarial, vía Denuncias explotación laboral A Estrada en FacebookO último relato é dun traballador que estivo no grupo durante 9 meses. Tal e como conta, “la inmensa mayoría del tiempo no tuve ningún tipo de problema”, pero o problema chegou cando tivo que coller a baixa laboral por motivos médicos: “entonces comenzaron las amenazas de despido, llamadas y WhatsApps fuera del horario laboral y poniendo en entredicho situaciones que me habían pasado”. Tamén fala dascontestacións diante dos clientes e de que o grupo atópase en declive con traballadores marchando.
“Hola buenas, yo he estado trabajando 9 meses para el grupo […] y la inmensa mayoría del tiempo no tuve ningún tipo de problema, el problema llegó al final cuando por motivos médicos tuve que cogerme una baja laboral debido a varios problemas, entonces comenzaron las amenazas de despido, llamadas y WhatsApps fuera del horario laboral y poniendo en entredicho situaciones que me habían pasado. No todo es trabajar, no todo es aguantar 12h como un esclavo y mucho menos aguantar las contestaciones delante de la gente que allí va a consumir, porque seamos realistas, si la gente va a sus locales no es por él, si no porque no hay gran variedad, aunque su declive haya empezado con el traspaso del bar Amets. No me gusta reírme del mal del vecino porque el mío puede venir de camino, pero que en menos de dos meses se le fueran más de 5 empleados es para preguntarse el porqué se van y no echar mierda fuera y culpar siempre a los trabajadores”
Extraballador do grupo empresarial, vía Denuncias explotación laboral A Estrada en Facebook
