Etiqueta: #A Estrada

  • PP e BNG conseguen máis representación na Estrada

    PP e BNG conseguen máis representación na Estrada

    José López Campos revalidou a súa maioría absoluta cun concelleiro máis. A chegada de Xoán Reices ao BNG fixo que a formación nacionalista aumentara na mesma cantidade a súa representación.

    Pola outra banda, PSOE e Móvete perderon un concelleiro cada un e, a formación liderada por Mar Blaco Casais, quedou próxima á desaparición do pleno.

  • Xoán Reices entrevístase no Pérez Viondi

    Xoán Reices entrevístase no Pérez Viondi

    O CEIP Pérez Viondi realizou unha serie de especiais electorais nos que entrevistan aos candidatos. A última entrevista foi realizada ao candidato do BNG á alcaldía da Estrada, Xoán Reices.

  • Os candidatos de PP, PSOE e Móvete entrevístanse no Pérez Viondi

    Os candidatos de PP, PSOE e Móvete entrevístanse no Pérez Viondi

    O CEIP Pérez Viondi levou a cabo unha serie de entrevistas no marco dun programa titulado “Eleccións municipais. As repostas”. Polo centro pasaron a entrevistarse José López Campos, candidato do PP; Luis López Bueno, candidato do PSOE, e Mar Blanco Casais, candiadata de Móvete.

    Todos os programas foron realizados polo alumnado de 6º de Primaria.

  • A Policía Local frustra un intento de suicidio en Ancorados

    A Policía Local frustra un intento de suicidio en Ancorados

    A Policía Local da Estrada frustrou esta fin de semana o intento de suicidio dunha muller duns cuarenta anos en San Pedro de Ancorados. A voz de alarma foi dada polos veciños, que escoitaron os berros do marido.

    Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local que se atopaba de servizo e, ando chegaron, viron á muller intentando cortarse o pescozo cun coitelo de grandes dimensións. Os axentes conseguiron quitarlle o coitelo. A muller saiu ilesa e foi trasladada ao hospital.

    O marido, ao parecer, atopábase baixo os efectos do alcol e caera polas escaleiras.

    Este non foi o primeiro intento de suicidio da muller. Fai 15 días intentara facelo disparándose na boca cunha escopeta de balíns, que lle causaran lesións no paladar.

    024

    Teléfono de prevención de suicidios

  • Ascenso histórico do Sporting Estrada

    Ascenso histórico do Sporting Estrada

    O Sporting Estrada logrou un histórico ascenso a Primeira Autonómica ao gañarlle 0-2 ao Vea. O Vea e o Estradense B xogarán os playoffs de ascenso.

  • O PSOE quere crear espazos comúns no rural

    O PSOE da Estrada propón crear espazos no rural nos que se combinen centros de día para os maiores con espazos para os rapaces nos que poidan recibir clases particulares e ter actividades. Estes espazos atoparíanse nas escolas unitarias. Para poder chegar aos centros, habería un servizo de transporte baixo demanda.

  • O BNG quere que a Casa Marcial Valladares e a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a ser públicos

    O BNG quere que a Casa Marcial Valladares e a Torre e o Pazo de Guimarei pasen a ser públicos

    O BNG criticou que o goberno do PP “non se caracterizou por defender e dignificar o noso patrimonio”, poñendo como exemplo os casos da Torre e do Pazo de Guimarei e da pérgola da Alameda, actualmente sita na parte posterior do edificio da Fundación e Exposicións da Estrada.

    Por iso, o partido nacionalista comprometeuse a sacar os edificios de Guimarei citados anteriormente “da silveira na que levan anos ocultos para poñelo en valor para uso e desfrute dos veciños e veciñas da Estrada”.

    Pero tamén poñen o foco na casa de Marcial Valladares en Berres, dado que cren que a casa do autor de Maxina ou a filla espúrea “pode ser o marco no que celebrar todo tipo de eventos relacionados coa cultura, a historia, … e converter ese espazo na casa museo deste insigne escritor e intelectual estradense”.

  • Rueda pide o voto para José López

    O Presidente da Xunta de Galicia visitou hoxe A Estrada para participar no mitin central do PP do concello. Nel, ante 1200 persoas, pediulle aos que non están contentos co goberno de Pedro Sánchez que voten ao PP.

    Ademais aproveitou a ocasión para acusar a PSOE e BNG de apoiar a Bildu. “O BNG quere os votos dos concellos para implantar un novo modelo en Galicia. De que? De Galicia independente? De Galicia que nega as institucións? Que se quere separar do resto do país?”

    “Eses de Bildu que presentan en tantos concellos do País Vasco a asasinos e condenados por terrorismo son amigos do socialismo e do Bloque”

    Alfonso Rueda

    Rueda apoiou ao candidato estradense na busca da súa cuarta maioría absoluta. Non só se referiu a el como un referente a nivel galego senón que tamén declarou a súa amizade persoal con el.

  • Besteiro reivindica a inversión do Goberno nos concellos

    Besteiro reivindica a inversión do Goberno nos concellos

    O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou varios concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Na Estrada acompañou a Luis López Bueno na presentación do seu proxecto estrela: a cesión gratuíta do vello ambulatorio para, previa reforma, albergar os servizos que xa se ofrecen a nivel municipal, pero ampliando prazas. Tamén trasladou a Besteiro a súa proposta de humanizar a N-640 ao seu paso polo casco urbano e reclamou unha solución por Liñares.

    En Lalín, o delegado reivindicou as “grandes inversións” do Goberno no concello. Acompañado pola condidata Alba Forno, visitou a Praza de Abastos que se vai reformar con 1 millón de euros dos fondos de recuperación “que conseguiu Pedro Sánchez de Europa”. Ademais, sinalou que a reforma foi pactada durante o goberno de coalición e que é unha medida “moi agardada” polos praceiros. Tamén lamentou que Lalín “perda oportunidades únicas” para reformar a piscina vella ou o pavillón.

    En Cerdedo-Cotobade desprazouse ata a ponte de Pedre, onde o pasado decembro produciuse un tráxico accidente de autobús, para ratificar o seu compromiso para reforzar a seguridade vial na N-541 nun tramo de 17km entre Cerdedo-Cotobade e Forcarei.