Etiqueta: #A Estrada

  • O PP di que PSOE e Móvete están desesperados polas eleccións

    O PP calificou a comparecencia conxunta de Luis López Bueno (PSOE) e Mar Blanco Casais (Móvete) para criticar a débeda municipal como “reveladora da desesperación electoral que viven os partidos”. Tildaron de “especialmente vergoñento” o feito de que o candidato dos socialistas critique a débeda municipal “cando o Goberno de Pedro Sánchez debe á Estrada máis de 6 millóns de euros”.

    En canto a cifra da débeda do Concello, indican que é de 5,3 millóns de euros, “unha cifa perfectamente asumible para un concello da magnitude do da Estrada”, en lugar do 10 millóns estimados pola oposición.

    Ademais, explicouse que se pediu un crédito extraordinario de 4,5 millóns de euros para que “o próximo goberno, sexa da cor que sexa, teña capacidade de cofinanciación de proxectos transformadores que melloren A Estrada”. O desglose dos 4,5 millóns de euros sería:

    • 1,3 millóns para cofinanciar futuros proxectos de fondos europeos.
    • 800.000€ para asfaltados no rural.
    • 1 millón de euros para cofinanciar o módulo de atletismo.
    • 500.000€ de aportación para o desenvolvemento urbanístico do entorno da Avenida de América (que se recuperarán ao repercutirllo posteriormente aos propietarios).
    • 140.000€ para cofinanciar a traída de augas de Tabeirós e Nigoi.
    • 350.000€ para cofinanciar proxectos pendentes da EDUSI.
  • O BNG di que pelexará “pola variante e pola mellora da seguranza da N-640” se goberna

    O BNG celebrou o seu mitin central no MOME. Dito acto contou co apoio de Néstor Rego, deputado do partido no Congreso.

    Xoán Reices, candidato á alcaldía, afirmou que “un goberno do BNG terá entre as súas prioridades pelexar pola Variante” e acusou a PSOE e PP de non ter interés nela e de tela só como medida electoralista.

    “Un alcalde do BNG non calará ante o elevado número de accidentes, como fai o PP, esixiremos solucións e para iso contamos coa axuda do noso deputado Néstor Rego, que el si, é o único deputado que defende os intereses dos veciños e veciñas en Madrid, mentres o outro, o do PP, que é da Estrada, non fai nada pola Variante nin pola seguranza vial”

    Xoán Reices
  • Queixas polo mal estado dos parques infantís no rural

    Móvete fixo públicas as queixas da veciñanza de Santeles e San Miguel de Barcala polos parques infantís. No primeiro dos casos, pola inexistencia deste e, no segundo, pola ausencia das escaleiras e do chan da estrutura, polo que os rapaces non poden empregalo.

    Desde a formación tamén indicaron que “todos os anos lle temos que insistir ao goberno do PP para que solucione dunha vez os problemas da traída de auga de Codeseda” e que xa este venres “o camión cisterna tivo que recargar os depósitos”.

  • José López Campos buscará o voto da mocidade no Sky

    O actual alcalde e candidato do PP á reelección como alcalde da Estrada, José López Campos, celebrará este sábado o mitin central no Pavillón Manuel Coto Ferreiro (18.00h) e, ás 22.00h, un encontro coa mocidade no Pub Sky.

  • Debate electoral na Estrada

    Debate electoral na Estrada

    Esta tarde celebrouse no Concello o debate electoral da Estrada. José López Campos (PP), Luis López Bueno (PSOE), Xoán Reices (BNG) e Mar Blanco Casais (Móvete) debateron sobre diferentes asuntos de preocupación para á cidadanía.

    No apartado de rural, o candidato do PP indicou a súa “boa xestión” durante o último goberno, destacando o “investimento récord” desta última lexislatura. Mentras, a oposición volveu criticar os bacheos exprés, as cunetas sen desbrozar e os cables que caen de forma frecuente.

    No bloque de benestar social, a oposición solicitou melloras nos servizos municipais, entre os que destaca o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que mantivo importantes tensións polas malas condicións laborais. Tamén solicitaron a creación de espazos para a cidadanía no vello ambulatorio.

    En materia de economía e desenvolvemento, goberno e oposición coincidiron na necesidade da ampliación do polígono de Toedo que, segundo o PP, “realizaráse a partir de 2024”. A oposición tamén mostraron a súa preocupación polo previsible descenso da poboación e a mala situación do comercio. López Bueno tamén lembrou que o Concello debe 10 millóns de euros. O alcalde tamén lembrou que o vindeiro ano comezará a construcción da autovía, que segundo Reices, “rematará en Teo”.

    No último bloque, o de servizos públicos e competencia municipal, os partidos da oposición criticaron os problemas do SAF, a falta de aprobación dos presupostos deste ano- pese a que o PP ten maioría absoluta-, a ausencia de banda ancha no rural, a tardanza dos trámites á hora de poder construír unha vivenda e os problemas na recollida do lixo. López Campos destacou que A Estrada ten o mellor centro de saúde de España.

  • O BNG comprométese coa ampliación do polígono de Toedo

    O BNG comprométese coa ampliación do polígono de Toedo

    O BNG criticou que o PP, pese a comprometerse a facelo en varias campañas electorais, non ampliou o polígono de Toedo algo que, segundo a formación nacionalista, é necesario para o desenvolvemento económico do concello. Por iso, dito partido comprométese a ampliar o solo público do polígono.

  • O PSOE propón a creación de aparcadoiros disuasorios

    O PSOE propón a creación de aparcadoiros disuasorios

    O PSOE propón a creación de 3 aparcadoiros disuasorios no centro da Estrada. Nestes aparcadoiros haberá prazas reservadas para os maiores do rural que se achegan á vila para realizar as súas compras.

  • O PP responde ás críticas de mala xestión do rural

    O PP responde ás críticas de mala xestión do rural

    José López indicou que se investiron 20 millóns de euros, unha “cifra récord”. Entre as melloras realizadas destacan a renovación das luminarias, o asfaltado de 120km de pistas e as novas sinalizacións.

    Unha das principais críticas que recibimos da oposición é o abandono e a falta de investimentos no rural. Eu podo entender que tratar de acuñar ese argumento forma parte da súa estratexia política para desgastarnos como goberno, pero os datos demostran que é unha falacia absoluta. Neste mandato logramos investir nas parroquias nada máis e nada menos que 20 millóns de euros, unha cifra récord que xamáis na historia se alcanzara antes. Aí está a renovación da iluminación pública con tecnoloxía LED, 120 quilómetros de pistas asfaltadas, melloras nas traídas de augas, o novo proxecto de sinalización que se está a executar, desbroces e mantemento de viais, etc., etc. E nesta liña imos seguir. O rural foi, é e será unha prioridade para nós.

    José López
  • Denunian restos do consumo de heroína no baño da alameda

    Denunian restos do consumo de heroína no baño da alameda

    Ademais hai varias pintadas, entre as que hai unha esvástica.

  • O PSOE propón humanizar a Farola

    O PSOE propón humanizar a Farola

    Desaparecería a rotonda e só se podería circular cara as rúas San Paio, Pérez Viondi e Peregrina. Ademais, recuperaríase a fonte.