Etiqueta: #A Estrada

  • Fin de semana lúdico e gastronómico na Estrada

    Fin de semana lúdico e gastronómico na Estrada

    Esta fin de semana haberá eventos en Aguións, A Estrada e Loimil.

    Festas na honra a San Antón en Aguións

    Cartel das festas

    Aguións rinde homenaxe a San Antón. As festas comezarán hoxe cunha verbena a cargo de Os Players e París de Noia. Mañá ás 13.00h haberá unha misa cantada polo Coro Parroquial de Aguións e a posterior procesión e sesión vermú a cargo da Charanga TNT. Pola noite, a verbena correrá a cargo da Charanga TNT e das orquestras Olimpus e Satélites.

    Rubín homenaxea a San Xosé

    Mañá Rubín comezará as súas festas na honra a San Xosé cunha misa ás 13.00h coa posterior procesión e sesión vermú cun grupo de gaitas. Pola noite, o dúo Punto Zero e a orquestra Estrella Mar.

    O domingo esta parroquia homenaxeará a San Campio cunha misa solemne a partir das 13.00h e a posterior sesión vermú coa Banda Cultural da Estrada.

    A Estrada celebra a IX edición da Festa da Sidra con baloncesto

    Este sábado A Estrada celebrará a IX edición da Feira da Sidra con degustacións de 12.00 a 15.30 e de 19.00 a 21.30h e coas actuacións da Roda e do grupo La Quinkillada.

    Ademais, tanto sábado coma domingo celebraráse no pavillón Manuel Coto Ferreiro e nas pkstas de baloncesto do colexio de Figueiroa as fases finais autonómicas nas categorías minibasket e preminibasket de baloncesto.

    Loimil celebra a Romaría de San Isidro e o vixésimo aniversario da festa do año ao espeto

    Este domigo Loimil vestiráse coas súas mellores galas para celebrar a Romaría de San Isidro e a XX edición da Festa do Año ao Espeto. Os actos comezarán ás 13.30h cunha misa e a posterior Bendición do Agro. O pregón correrá a cargo de Xiana Lastra Pena, voz da Banda da Loba. A posterioiri xantaráse na Carballeira da Saleta de Loimil. O xantar estará amenizado por un grupo de gaiteiros e o grupo musical Sharky Show Music.

  • Mañá será unha xornda de chuvias intensas no concello

    Mañá será unha xornda de chuvias intensas no concello

    Mañá será unha xornada de chuvias intensas no noso concello. Desde ás 12.00 ata ás 19.59h estará activo un aviso amarelo por chuvias e tormentas e a AEMET prevé que ás 18.00h acumúlense 13l/m2.

  • Ouzande celebra esta noite a I Festa da Primavera

    Ouzande celebra esta noite a I Festa da Primavera

    Hoxe Ouzande vivirá a súa primeira verbena desde setembro de 2019, cando se celebraron as últimas patronais, dado que en 2020 e en 2021 remitiron todas as celebracións parroquiais a misas pola pandemia da COVID-19.

    Desde as 22.00h, Chocolate Disco Móvil e a orquestra El Combo Dominicano porán ritmo á primeira edición da Festa da Primavera, organizada porque en agosto e setembro- cando se realizan os festexos parroquiais- é máis difícil contratar orquestras. Ademais, haberá pulpeiro e unha carpa grande por se chovera.

  • Mañá produciránse cortes no subministro de auga

    Os traballos que se están a realizar na Porta do Sol dentro do proxecto de reforma da Praza da Feira motivarán cortes puntuais no subministro de auga na Porta do Sol, na avenida de Ponteareas e na rúa Ulla. Estes cortes serán puntuais e comezarán ás 8.00h. O subministro intentaráse restablecelo o antes posible.

  • A competencia estradense de PHDn

    A competencia estradense de PHDn

    Os 10 centros educativos estradenses en colaboración con Dinamizaestrada e o Concello están a realizar uns pequenos informativos dentro do marco dunha iniciativa para fomentar o uso do galego. Cada centro educativo gravou un informativo cunha parella de presentadores e diferentes reporteiros.

    O primeiro informativo publicouse hoxe ás 12.00h na canle de YouTube do Concello da Estrada. Esta primeira edición é a correspondente ao IES Manuel García Barros. Os seus presentadores foron Mario e Manuel e contaron con entrevistas a Ana a conxerse, Pepe o encargado da cafetería e aos deportistas Jorge Espiño, que “xoga a empatar”, e a Abel, que “xoga a gañar”.

    Os luns, mércores e venres ás 12.00h publicaránse as vindeiras edicións. A seguinte edición corresponderá ao colexio de Oca.

  • Así afectará á Estrada o episodio excepcional de temperaturas altas

    Así afectará á Estrada o episodio excepcional de temperaturas altas

    A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informou dun período excepcional de temperaturas altas para a época do ano.

    Tal e como se observa nas gráficas meteorolóxicas que ten O Planeta de Hoxe en Día para A Estrada, a xornada de mañá virá acompañada de pequenas orballeiras. A partir de xoves os ceos estarán despexados e as temperaturas comezarán a ascender chegando aos seu máximo o sábado con 33 graos. O domingo as temperaturas máximas comezarán a descender e a inestabilidade comezará a facer acto de presencia e intensificaráse luns.

  • GRÁFICA: Días calurosos en Galicia. A temperatura no teu concello

    GRÁFICA: Días calurosos en Galicia. A temperatura no teu concello

    Realización propia. Fonte: AEMET

    Durante os próximos días Galicia vivirá unha situación de tempo cálido no que as temperaturas superarán os 30º en varios concellos.

  • Rompe unha tubaxe na 3ª Travesía de América

    Rompe unha tubaxe na 3ª Travesía de América

    Onte ao redor das 18.00h unha tubaxe rompía diante do número 9 da 3ª Travesía de América. Ata o lugar achegáronse operarios do Concello que se dispuxeron a arranxala. 1 hora despois o servizo de auga foi restablecido. Durante a mañá de hoxe cubriuse o burato con cemento.

    Este non é o primeiro caso na zona, pois polo Nadal outra tubaxe rompía na Rúa Forcarei.